Actividades extraescolares 2023-2024

Durante o curso 2023-2024 o ANPA Arce do IES Xosé Neira Vilas oferta varias actividades os xoves pola tarde. Estas actividades darán comezo previsiblemente o 5 de outubro.

A primeira clase poderá ser de proba e se despois de acudir, o menor e a familia deciden non continuar, non se cobrará a primeira cota.

 

DEFENSA PERSOAL

Nesta actividade aprenderanse técnicas de defensa e autoprotección destinadas a preservar a integridade física e aumentar a seguridade nun/nunha mesmo/a a través do respecto aos demais e a disciplina.

Horario: xoves de 16.45 a 17.45

Custo: 18€ (custo para un mínimo de 20 participantes) socios/as

 

ENGLISH CLUB

Actividade impartida en inglés na que os alumnos establecen unha comunicación fluída durante o curso cun centro educativo en Reino Unido a través de blogue e vídeo-conferencia, levaranse a cabo ademáis outras actividades como gravación de curtos, exposicións orais, role-plays, debates e murais educativos.

Tamén se organizarán cómo proxectos opcionais inmersións lingüísticas en Londres e Irlanda de unha ou duas semanas de duración,  e poderase preparar ao alumnado para os exames orais do Trinity Collegue.

Horario: xoves de 16.15 a 17.45

Custo: 15 euros socio/a

 

 

ROBÓTICA (ROBOTIX)

Nesta actividade foméntase de forma divertida o uso da ciencia e a tecnoloxía a través dos recursos de LEGO EDUCATION.

Horario: xoves de 16.15 a 17.45

Custo: 31€ socio/a

 

LINGUAXE  DE SIGNOS

A través desta actividade aprenderemos a comunicarnos con persoas con discapacidade auditiva e melloraremos tamén a nosa capacidade de expresión, memoria e atención.

Horario: xoves de 16.15 a 17.45

Custo: 15 euros socio/a

XADREZ

Aprenderemos estratexias e técnicas deste xogo milenario a través de xogos, desafíos e partidas á vez que traballamos a nosa capacidade de concentración, paciencia, memoria e toma de decisións.

Tamén se darán nocións doutros xogos de mesa como ábaco, mikado, tangram, damas, etc.

Horario: xoves de 16.15 a 17.45

Custo: 15 euros socio/a

As prazas son limitadas e a adxudicación será por orde de solicitude con preferencia para os socios a través do seguinte formulario:

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN 

Nos vindeiros días confirmaremos as prazas ás persoas admitidas e ás persoas que quedan en lista de reserva.

Unha vez confirmada a praza enviarase ás familias admitidas a folla de inscripción xunto coa autorización bancaria.

O prezo de cada actividade será de 15 euros/mes (agás Defensa persoal, 18, e robótica, 31) para socios/as e dez euros máis en cada actividade para non socios/as.

A actividade non se organizará no caso de non acadar un mínimo de participantes.

Más información a través do correo electrónico da ANPA.

APROVEITAMOS PARA INFORMARVOS QUE TEMOS NOVO PERFIL EN INSTAGRAM (@anpaneiravilas) DENDE O CAL QUEREMOS MANTER INFORMADAS AS FAMILIAS DAS NOSAS ACTIVIDADES QUE ORGANIZAMOS DENDE A ANPA E DOUTRAS CUESTIÓNS QUE PODAN SER DE INTERÉS PARA Á EDUCACIÓN DOS NOSOS FILLOS E FILLAS.

ANIMÁDEVOS A SEGUIRNOS!!!!