O Club de Remo de Perillo promocionou o deporte de Remo no alumnado de 1º e 2 da ESO o vernes 12 de xuño. A actividade teórico-práctica, foi impartida polos adestradores e persoal da directiva do Club. A práctica consistiu nunha demostración e posterior práctica do remo-ergómetro, facendo ó final unha mini competición entre o alumnado. A actividade resultou exitosa, facendo ó Club entrega dun agasallo ós tres primeiros clasificados masculinos e as tres primeiras clasificadas femininas.