O calendario de preinscrición e de matrícula nas universidades do SUG para o curso 2024-2025, así como as instrucións sobre o procedemento de matrícula en cada unha das tres universidades que o conforman, pode consultarse no seguinte enlace: https://ciug.gal/gal/matricula-sug
Arquivos mensuais: Xuño 2024
ADMISIÓN A FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O CURSO 2024-2025
Xa están publicadas as instrucións xerais e os calendarios do proceso de admisión ás ensinanzas de Formación Profesional para o curso 2024-2025. Toda a información pode consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-curso-2024-2025
VISITA DO ALUMNADO DE 6º EP DO COLEXIO ADSCRITO
O venres 31 de maio o alumnado de 6º EP do CEIP Ramón María del Valle-Inclán visitou o noso instituto, onde se incorporará a 1º ESO o curso que vén. Despois de ser recibido no Salón de Actos polo equipo directivo, a orientadora, Lorena Insua, e varias alumnas do equipo de mediación explicáronlle algunhas cuestións básicas do funcionamento do centro. A continuación, o alumnado visitou as instalacións do instituto, guiado por membros do equipo de mediación, e disfrutou dunha merenda final no patio antes de voltar ao colexio.