VISITA Á FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE MEDICINA XENÓMICA

O martes 18 de xuño un grupo de alumnas e alumnos do noso instituto tiveron o privilexio de visitar a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, onde foron amablemente acollidos polo seu director executivo, o Dr. Ángel Carracedo Álvarez.

Segundo se recolle na súa páxina web (https://xenomica.sergas.gal/), dita fundación “ten por misión a realización de actividades de promoción e protección da saúde dos galegos -garantindo o acceso en condicións de equidade a probas xenómicas que sexan de utilidade-, e tamén ser instrumento de apoio á atención sanitaria pública a través do uso de soportes tecnolóxicos para atender a crecente importancia da medicina xenómica na diagnose e tratamento de múltiples doenzas, especialmente nas relacionadas coa herdanza xenética e o cancro”. Moitísimas gracias ao Dr. Carracedo e a todo o seu equipo pola súa acollida e a gran aprendizaxe que se levaron as nosas futuras científicas e científicos.