XORNADA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA O ALUMNADO DE 4º ESO E 2º BACHARELATO

O pase de diapositivas require JavaScript.

febreiro de 2025 celebrouse no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz a IV Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros, dirixida ao alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato.

Trinta e unha entidades entre as que se atopan Universidades, Dirección Xeral de Formación Profesional e centros de FP, escolas públicas e privadas de distinta índole (hostalería, finanzas, pilotos e persoal de cabina, artes gráficas, escola de artes e deseño, imaxe e son,…), academias, Forzas Armadas e Garda Civil, entre outras, informaron durante todo o día sobre as diferentes alternativas académicas e profesionais a disposición do alumnado.

A Feira estivo aberta ao alumnado dos distintos centros de secundaria existentes no Concello. O noso visitouna na última quenda da mañá, resultando de gran interese para os/as rapaces/zas que rematan etapa educativa e se enfrontan a decisións sobre o seu futuro académico e profesional.

Esta xornada está organizado polo Servizo Municipal de Educación do Concello de Oleiros en colaboración co Centro Municipal de Formación, as Casas da Mocidade e os departamentos de orientación dos catro centros de ensinanza secundaria existentes no Concello de Oleiros, IES Plurilingüe Neira Vilas, IES María Casares, IES Miraflores e Colexio Hijas de Cristo Rey.