Todolos artigos de: vicedireccion
Parabens Saúl
O noso alumno Saúl Clambor ven de proclamarse Subcampión de España de Sambo na categoría cadete (79kg).
Noraboa!!!!
Imaxe collida do Instagram do Concello de Oleiros
GALEGO PARA ADOLESCENTES
FÍSICA E QUÍMICA OLEIRAS
O día 25 de febreiro o alumnado de 2º curso de ESO desprazouse por grupos e en distintas quendas ao Museo “Os Oleiros” para desenvolver a actividade que relaciona a Física e a Química coa artesanía oleira. Fomos recibidos por Ana Justo que foi a guía explicativa da actividade e fixo que o alumnado viaxase no espacio e no tempo polos materiais e propiedades deste tipo de artesanía.
Rosiña

8 de marzo unha data para non esquecer como fixo a rapazada de 2º ESO compartindo co alumnado a canción de Fillas de Casandra: “Rosiña” , motivados pola profe de Música Sabela, en colaboración co ENDL.
Regueifas
3º ESO A e B visitan Padrón
VISITA Á BIBLIOTECA RIALEDA
23 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA
ANTROIDO 2026
Unha ano máis a festa do Entroido invade o noso IES. Gozar de ser outras persoas e troulear polos corredores é a significación desta festa tradicional.
Testamento da Mica gañador no Entroido 2026. Foi elaborado polas alumnas de 3º A e 3º B: Valeria, Marta e Alba Caridad.