Todolos artigos de: xefatura

VISITA DO AGREGADO DE COOPERACIÓN PARA O FRANCÉS E DA DIRECTORA DA ALLIANCE FRANÇAISE DA CORUÑA

No marco dos proxectos e accións relacionados co estudo do francés e da francofonía no noso instituto, este mércores 19 de novembro tivemos o enorme pracer de recibir no centro a Valérian Bayo-Rahona, agregado de cooperación para o francés na Embaixada francesa en Madrid e coordinador das Alianzas francesas de España, xunto con Sabrina Bermúdez, directora da Alliance française da Coruña. O obxectivo da visita era coñecer o proxecto plurilingüe do noso instituto, membro do selo “Label FrancÉducation” (https://www.labelfranceducation.fr/) e o único de toda Galicia no que se imparte o programa Bachibac, así como reforzar a cooperación lingüística arredor do francés e a colaboración coa Alliance française a través da presentación de múltiples proxectos nos que esperamos participar proximamente co noso alumnado francófono.

MESA REDONDA “O SISTEMA EDUCATIVO EN ESPAÑA E FRANCIA”

Este mércores 19 de novembro o alumnado de 1º de Bachibac participou nunha mesa redonda desenvolvida polos tres compañeiros/as que estiveron de intercambio en Francia a comezos de curso no marco do Consorcio Galemundo Acreditación Erasmus Escolar, así como polos seus tres correspondants franceses, que se atopan actualmente en inmersión no noso centro. O obxectivo era achegar ao alumnado Bachibac a realidade e características do sistema educativo francés, en canto á súa organización, materias e contidos que se estudan, sistemas de avaliación, procedemento de acceso á universidade…, e comparalo co funcionamento do sistema educativo galego. A actividade resultou moi proveitosa e permitiu ao alumnado de Bachibac participar da experiencia do intercambio Erasmus+ dos compañeiros/as e coñecer un pouco mellor a realidade educativa francesa. Moitas grazas a todos pola vosa participación e, en especial, a Marceau e a Mélissa!

O proxecto “Galemundo Acreditación Erasmus Escolar” está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea. O contido desta publicación é responsabilidade exclusiva do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas e nin a Comisión Europea, nin o Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables do uso que poida facerse da información aquí difundida.

CHARLA “VIVIR UN ERASMUS+ EN FRANCIA” NOS ERASMUS DAYS

O pasado xoves, 16 de outubro, coincidindo coa celebración dos Erasmus Days, os nosos alumnos/as de 1º Bacharelato Héctor Alba, Eva Blas e Alba Vieiro compartiron con todo o alumnado de 4º ESO as súas experiencias e aprendizaxes no intercambio que realizaron en sendos institutos de Saint-Quentin et Chauny durante un mes no marco do proxecto Galemundo Acreditación Erasmus Escolar, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
Para o alumnado e profesorado asistente resultou moi enriquecedor coñecer da man destes alumnos/as como funciona o sistema educativo francés, como conviviron coas familias de acollida e todo o que aprenderon, tanto academicamente como a nivel persoal.
O proxecto “Galemundo Acreditación Erasmus Escolar” está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea. O contido desta publicación é responsabilidade exclusiva do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas e nin a Comisión Europea, nin o Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables do uso que poida facerse da información aquí difundida.

REMATE DA PRIMEIRA PARTE DO INTERCAMBIO ERASMUS+ E CELEBRACIÓN DOS ERASMUS DAYS

Este luns 13 de outubro acollemos de novo no noso centro aos tres alumnos, Héctor Alba, Eva Blas e Alba Vieiro, que desde o 14 de setembro se atopaban residindo e acudindo a clases en dous institutos da rexión francesa de Amiens no marco do proxecto Galemundo Acreditación Erasmus Escolar, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
Desde o seu regreso o noso alumnado compartiu cos seus/súas compañeiros/as de aulas as numerosas e marabillosas experiencias vividas, tanto na aprendizaxe do idioma francés, como no coñecemento da realidade francesa, na visita de numerosos lugares e no gran enriquecemento cultural e persoal que experimentaron. Como mostra, recóllese a continuación unha exposición dalgunhas imaxes cedidas polo alumnado mencionado, que reflicte a súa experiencia no intercambio:

O pase de diapositivas require JavaScript.

De maneira complementaria a esta exposición virtual e como parte da celebración dos Erasmus Days no noso centro, os tres protagonistas do intercambio compartirán a súa experiencia e difundirán os resultados da mesma ao alumnado de 4º ESO nunha charla que impartirán o xoves no Salón de actos do centro ás 12:30 h.

A partir do 25 de outubro e ata o 23 de novembro o alumnado francés correspondente dos nosos tres protagonistas será acollido en Galicia polas súas familias e integrarase nas clases e actividades do noso centro.
A comunidade do Neira Vilas quere expresar o seu agradecemento ao profesorado dos institutos Henri Martin, de Saint-Quentin, e Gay Lussac, de Chauny, así como ás familias dos tres correspondentes do noso alumnado, pola cálida acollida que lles brindaron durante este mes. Tamén quere agradecer á Consellería e, especialmente, á Asesoría de internacionalización os esforzos e traballo realizados para levar a bo porto a primeira parte deste intercambio Erasmus+.

O proxecto “Galemundo Acreditación Erasmus Escolar” está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea. O contido desta publicación é responsabilidade exclusiva do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas e nin a Comisión Europea, nin o Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables do uso que poida facerse da información aquí difundida.

RENOVACIÓN DO PLAMBE

O noso centro vén de renovar un curso máis a súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe)… e xa van 16 anos formando parte dunha ampla rede de bibliotecas escolares de toda Galicia, coordinada pola Asesoría de Bibliotecas. Desta volta, a renovación do Plambe supón a concesión dunha dotación económica de 1.025 € para a adquisición de libros para a nosa biblioteca de 1.325 € para a dotación de mobiliario. Toda a información sobre esta convocatoria pódese consultar aquí: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=category/9/197

PROGRAMA DE AUXILIARES DE CONVERSA

Neste mes de outubro incorporáronse ao noso centro dúas profesoras auxiliares de conversa no marco do programa homónimo desenvolvido todos os anos pola Consellería de Educación, Universidades, Ciencia e Formación profesional. Juliette Foucher e Reena May Cervantes Ibanez colaborarán, como en cursos anteriores, na docen

cia das materias de Francés e Inglés, respectivamente, así como das asignaturas non lingüísticas que se imparten neses idiomas no marco das seccións bilingües de Física e Química en inglés, a sección plurilingüe de Xeografía e Historia en francés e o programa de dobre titulació

n Bachibac. Bienvenues! Welcome!

COMEZO DO CURSO 2025-2026

ALUMNADO:
– As clases comezarán o luns 8 de setembro ás 8:30 h. e seguirán o horario habitual (de 8:30 a 14:10 h. e o luns tamén pola tarde, de 16:15 a 17:55 h.). Nos primeiros días de setembro publicaranse na web instrucións máis precisas sobre a organización do comezo do curso ese día.
– O alumnado con dereito a servizo de transporte poderá empregalo desde ese mesmo día.
– Todas aquelas familias que non recolleron o vale de material escolar durante o mes de xullo poderán facelo a partir do día 1 de setembro en horario de 9:00 a 14:00.
PROFESORADO:
Prégase ao profesorado que obteña destino neste centro tras a resolución definitiva do CADP que, á maior brevidade, se poña en contacto co instituto no seu enderezo electrónico (ies.neira.vilas@edu.xunta.gal), indicando un teléfono de contacto. Moitas grazas.