Parte do noso alumnado segue nestes momentos en Bretaña, no XI intercambio co Collège Notre Dame le Ménimur de Vannes. Podedes ver máis fotos en Instagram, neste enlace.
Arquivo da categoría: Intercambios escolares
INTERCAMBIO CO SCHULE EINS DE BERLÍN
O pasado martes 2 de outubro rematou o intercambio de 4º de ESO co Schule Eins de Pankow (Berlín). Durante estas dúas semanas o noso alumnado realizou diversas actividades educativas, culturais, deportivas e de ocio; tanto en Alemaña coma na nosa contorna. Dende a dirección do instituto agradécese a excelente acollida das familias e a boa actitude dos estudantes durante todo o intercambio.
Xº INTERCAMBIO ESCOLAR ENTRE O IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS E O COLLÈGE NOTRE DAME LE MÉNIMUR DE VANNES
Un total de 40 alumnos de 3º, 4º de ESO , 1º de Bacharelato e BACHIBAC 1 participaron no Xº ÉCHANGE SCOLAIRE que tivo lugar entre os días 12 ata o 24 de marzo . Estiveron acompañados dos profesores Xosé Antón García , Juan Santamaria e Carlos Vidal .
Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas participou en diversas actividade e visitou á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Quiberon , Mont Saint Michel, Saint Malo, etc.); tamén asistirán ás clases no Collège-Lycée Notre Dame Le Menimur.
O alumnado BACHIBAC fixo unha inmersión lingüística reforzada para a preparación da proba externa e para superar o DELF B2. Seguir lendo Xº INTERCAMBIO ESCOLAR ENTRE O IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS E O COLLÈGE NOTRE DAME LE MÉNIMUR DE VANNES