
Arquivo da categoría: Bachibac
VISITA DO AGREGADO DE COOPERACIÓN PARA O FRANCÉS E DA DIRECTORA DA ALLIANCE FRANÇAISE DA CORUÑA

No marco dos proxectos e accións relacionados co estudo do francés e da francofonía no noso instituto, este mércores 19 de novembro tivemos o enorme pracer de recibir no centro a Valérian Bayo-Rahona, agregado de cooperación para o francés na Embaixada francesa en Madrid e coordinador das Alianzas francesas de España, xunto con Sabrina Bermúdez, directora da Alliance française da Coruña. O obxectivo da visita era coñecer o proxecto plurilingüe do noso instituto, membro do selo “Label FrancÉducation” (https://www.
MESA REDONDA “O SISTEMA EDUCATIVO EN ESPAÑA E FRANCIA”
Este mércores 19 de novembro o alumnado de 1º de Bachibac participou nunha mesa redonda desenvolvida polos tres compañeiros/as que estiveron de intercambio en Francia a comezos de curso no marco do Consorcio Galemundo Acreditación Erasmus Escolar, así como polos seus tres correspondants franceses, que se atopan actualmente en inmersión no noso centro. O obxectivo era achegar ao alumnado Bachibac a realidade e características do sistema educativo francés, en canto á súa organización, materias e contidos que se estudan, sistemas de avaliación, procedemento de acceso á universidade…, e comparalo co funcionamento do sistema educativo galego. A actividade resultou moi proveitosa e permitiu ao alumnado de Bachibac participar da experiencia do intercambio Erasmus+ dos compañeiros/as e coñecer un pouco mellor a realidade educativa francesa. Moitas grazas a todos pola vosa participación e, en especial, a Marceau e a Mélissa!
O proxecto “Galemundo Acreditación Erasmus Escolar” está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea. O contido desta publicación é responsabilidade exclusiva do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas e nin a Comisión Europea, nin o Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables do uso que poida facerse da información aquí difundida.
ACOLLIDA DO ALUMNADO FRANCÉS DO INTERCAMBIO BACHIBAC
CHARLA DE LAURA OMIL VOZMEDIANO SOBRE O BACHIBAC E OS ESTUDOS UNIVERSITARIOS EN FRANCIA
No marco das actividades desenvolvidas polo IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas con motivo da celebración do 10º Aniversario da implantación do Bachibac no centro, o xoves 10 de abril tivemos o enorme pracer de contar coa presenza de Laura Omil Vozmediano, alumna egresada do programa Bachibac que actualmente cursa o segundo ano de Linguas estranxeiras aplicadas aos negocios na Université de Lille. Na charla, titulada “Do francés ao Bachibac, do Bachibac a Lille” e dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bachibac e ao alumnado de 4º ESO que cursa Xeografía e Historia en francés, Laura compartiu a súa experiencia persoal, aportando numerosas e valiosas reflexións e consellos para o alumnado francófono do noso instituto. A comunidade educativa do Neira quere agradecer a Laura a súa xenerosidade ao compartir o seu tempo e vivenzas con nós, así como felicitala polos seus logros persoais e académicos que, sen dúbida, seguirán crecendo nos vindeiros anos.
REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O PROGRAMA BACHIBAC
O vindeiro xoves, 3 de abril, ás 18:00 h. terá lugar no centro unha reunión informativa sobre o programa de dobre titulación Baccalauréat-Bacharelato (Bachibac), que, dentro do ensino en Galicia, só existe no noso centro. A xuntanza está dirixida ao alumnado e ás familias do alumnado que actualmente cursa 3º e 4º ESO para que aquelas persoas interesadas en incorporarse ao programa en Bacharelato coñezan mellor como funciona, cal é o plan de estudos, que requisitos de acceso existen e outras cuestións de interese.

CONVOCATORIA DA PROBA EXTERNA DE BACHIBAC PARA O CURSO 2024-25
INTERCAMBIO DE BACHIBAC 1 CON VANNES
A DIRECTORA DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA VISITOU O NOSO CENTRO PARA COÑECER MÁIS DE PRETO O PROGRAMA BACHIBAC E O SEU PROFESORADO E ALUMNADO

La Voz de Galicia tamén se fixo eco desta visita; a nova completa pódese consultar aquí: https://www.
PARTICIPACIÓN EN EDUEXCHANGES E REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O INTERCAMBIO DE BACHIBAC 1
