Arquivo da categoría: Consello Escolar
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2024
De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 18/09/2022], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:
✔5 persoas representantes do profesorado
✔4 persoas representantes de alumnado
✔1 persoa representante das familias, 1 máis no caso de que a ANPA non faga uso do seu dereito a contar cun representante
✔1 persoa do persoal de administración e servizos.
NOMEAMENTO DA XUNTA ELECTORAL
Seguindo as indicacións da normativa, o primeiro paso para a realización das eleccións é a elección dos membros da Xunta electoral de centro, que velará polo cumprimento da legalidade destes comicios. A Xunta electoral estará composta polos seguintes membros [Decreto 92/1988]:
✔Director do centro de ensino, como presidente da mesma
✔1 persoa do profesorado elixida por sorteo público
✔1 responsable (nai, pai ou titor/a legal) elixida/o por sorteo público
✔1 persoa do alumnado elixida por sorteo público
✔1 persoa do persoal de administración e servizos elixido por sorteo público
CALENDARIO E MÉTODO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
A elección dos membros da Xunta electoral (agás a súa presidencia) realizarase do seguinte xeito:
✔Sorteo o luns día 21 de outubro de 2024 no despacho de dirección do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas ás 12:30 horas.
✔No sorteo estarán presentes: o director e a secretaria do instituto (presidente e secretaria do proceso respectivamente), 1 persoa do profesorado elixida ao azar, 1 persoa do alumnado elixida ao azar, 1 representante das familias.
✔As persoas que constituirán a Xunta electoral elixidas no sorteo recibirán unha notificación oficial da elección a través do correo electrónico e/ou do espazo Abalar e serán citados para a primeira reunión nos días seguintes ao sorteo.
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
As persoas así nomeadas para a Xunta Electoral serán citadas para determinar o calendario e inicio do proceso electoral nunha reunión que terá lugar no centro o 25 de outubro de 2024.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO NA ADMISIÓN ORDINARIA PARA O CURSO 2024-2025
Hoxe, 25 de abril, foron publicadas as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido na admisión ordinaria para o curso 2024-2025. Ditas listaxes pódense consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro ou por vía electrónica a través da aplicación informática admisionalumnado.
As familias poderán formular reclamación a ditas listas ante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
A listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido publicarase o día 15 de maio.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022
Este curso renóvanse parcialmente os membros do Consello Escolar do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas: 2 nais e pais, 1 membro da ANPA, 3 profesoras/es, 2 alumnas/os e 1 persoal non docente.
O Consello Escolar é un órgano crucial nun centro educativo. A través del participan na súa xestión os distintos membros da comunidade escolar: alumnado, profesorado, familias, representantes da ANPA, persoal non docente e concello.
É fundamental que todos os sectores estean presentes a través dos seus representantes. O prazo para presentar as candidaturas remata o 9 de novembro.
Impreso para a candidatura como representante do alumnado.
Impreso para a candidatura como representante de nais e pais.
Eleccións ao Consello Escolar 2021
- Consulta o anuncio de sorteo público.