Os días 25, 26e 27 de Xaneiro desenvolveuse o obradoiro “Seguridade nas redes” dirixido ao alumnado de 1º e 2º de ESO. Foi impartido pola empresa de intervención social “Atalaia Social”. Os obxectivos que se pretenderon acadar son:
Capacitar ás/ós menores para identificar os riscos nos usos das novas tecnoloxías.
Tomar conciencia do uso do poder e da presión a través das Redes: ciberacoso.
Traballar aspectos da intelixencia emocional que poden previr a existencia de situacións de ciberacoso: empatía, expresión de emocións, estratexias de autorregulación…
Promover o autocoñecemento, proporcionando elementos para apreciar e respetar a propio persoa e ás demais.
Descubrir recursos comunitarios onde dirixirse ou poder consultar dúbidas, curiosidades ou posibles problemas.
O pasado 16 de Outubro, María Blanco Suárez, psicóloga da Asociación de Bulimia e Anorexia de A Coruña impartiu unha charla sobre a “Prevención dos Trastornos da Conduta Alimentaria”, ó alumnado de 4º de ESO.
Os desordes nos hábitos de alimentación teñen unha grande incidencia na etapa da adolescencia. A separación ou divorcio dos pais, a chegada ó Instituto cando non coñeces a ninguén… son exemplos de situacións que alteran a nosa vida e algunhas persoas presentan un desorde adaptativo que pode manifestarse nun trastorno da conducta alimentaria. Os maís coñecidos son a anorexia e a bulimia. As situacións antes citadas, desencadenan pensamentos negativos que algunhas persoas tratan de solventar , alterando os hábitos de alimentación para reducir a ansiedade.
Xornada de Convivencia e adestramento en técnicas de mediación
O pasado luns, 28 de setembro, o Equipo de Convivencia e Mediación realizou unha excursión a Ferrol, Mugardos e Montefaro. No transcurso dun fermoso e soleado día, os integrantes do equipo visitaron o gran Castelo de San Felipe, unha fortaleza militar construída a finais do século XVI para defender a ría e a cidade de Ferrol (coido que naqueles tempos non había mediadores).
Xa na outra marxe da ría, no municipio de Mugardos, o equipo tivo a oportunidade de visitar o Castelo da Palma, da mesma época que o de San Felipe e situado xusto enfronte a un tiro de pedra (anque por carreteira tardamos case unha hora en chegar dun ao outro). No Castelo da Palma tivemos a sorte de ter a axuda de Patricia, a guía do concello de Mugardos, que nos foi explicando a construción militar, que ao que parece, queren converter nun hotel-spa de cinco estrelas. Patricia mostrounos a ponte levadiza, as cubertas, o peirao para o abastecemento, o polvorín, as casamatas os calabozos e a prisión militar, na que, segundo nos dixo, estivo preso un tal Antonio Tejero, que en 1981 protagonizóu un golpe de estado militar contra a democracia española (afortunadamente o golpe non tivo éxito e os seus líderes acabaron na cárcere).
Despois da estupenda visita ao Castelo da Palma subimos a Montefaro, ao Mosteiro de Santa Catalina. Comimos os bocatas no xardín do Mosteiro e logo fixemos un duro adestramento mediante un xogo de rol no que os mediadores tiñan que enfrontarse a un complicado conflito que, anque era inventado, podería perfectamente haber ocorrido no noso instituto. Cando rematamos o adestramento visitamos brevemente o Mosteiro. Está en moi malas condicións e so puidemos ver o claustro e a igrexa.
E logo xa de volta ao bus para chegar a tempo de coller o transporte escolar.
O alumnado de 2º de bacharelato acudiu o pasado venres 6 de marzo a varias facultades da Universidade da Coruña.
Visitaron as instalacións e recibiron información de primeira man por parte do profesorado e alumnado dos distintos centros universitarios.
O Equipo de Convivencia e Mediación do IESP Xosé Neira Vilas organiza un curso, aberto á toda a comunidade educativa, sobre “Prácticas restaurativas no centro educativo e na comunidade” os dias 11 e 12 de Abril.
Trátase dunha formación práctica, destinada a coñecer que son e como se usan as prácticas restaurativas no día a día.
Dende o pasado mércores 5 de novembro ata o 10 de decembro desenvolveuse no centro cultural A Fábrica de Perillo un novo Obradoiro de Formación en Mediación Escolar.
Este obradoiro está promovido polo concello de Oleiros e contou con 12 horas de formación que foron impartidas todos os mércores de 16:30 a 18:30.
Neste curso formáronse 16 novos mediadores, 12 de primeiro de ESO e 4 de segundo de ESO. Un gran éxito de convocatoria. Os novos mediadores xa forman parte do Equipo de Convivencia e Mediación.
Parabéns a todos e o noso agradecemento a Octavio, que impartiu a Formación, e á Concellería de Cultura do Concello de Oleiros, que nos apoia neste proxecto e nos axuda a mantelo vivo.