Chega o día, chega a romaría… Xa é o Día de Rosalía! Se hai unha conmemoración especial no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, ese é o Día de Rosalía de Castro! E non hai mellor maneira de celebrar que mergullando nos seus textos!
O alumnado de Bacharelato seguiu a proposta da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega e agasallou unha flor ás persoas do centro porque “Nasín cando as prantas nasen,/ no mes das froles nasín…” Seguir lendo CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Arquivo da categoría: Equipo de Dinamización da Lingua Galega
TEATRO “ARTE SEN GUIÓN”
No Día da Lingua Materna, 21 de febreiro, o alumnado de 1º de Bacharelato acudiu ao Auditorio Gabriel García Márquez, en Mera, para gozar dunha especulación improvisada feita pola compañía Galeatro.
O alumnado foi protagonista e encheron as partes incompletas dun estraño códice medieval que axudou a que as catro persoas comediantes puidesen representar os seus entremeses. A música, a improvisación e o oficio da escrita fixeron que esta posta en escena estivese arrodeada de risas porque a Idade Media tamén pode ser moi, moi, moi divertida!
Encontro con Paula Carballeira
En 2025 as institucións e as diversas entidades da sociedade civil reúnense para celebrar o legado artístico, político e social de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao. O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas axunta o seu gran de area, nesta celebración do Ano Castelao, cun marabilloso e inesquecible encontro coa dramaturga Paula Carballeira.
Daniel no peirao é unha obra que recrea a infancia de Castelao nun mundo cheo de ilusións e de retratos. A este universo teatral viaxou o alumnado de 1º ESO, este luns 17 de febreiro, da man da súa autora para interpretar un anaquiño da peza, para aprender as tremoias da escrita teatral e ata algún truquiño que usaremos nas aulas de lingua.
Moitas grazas, P. Carballeira por compartir con nós esta mañá tan fantástica!
Festival Falando a Boca Chea
O Festival Falando a Boca Chea inicia unha nova edición e grazas ao SNL do Concello de Oleiros, o alumnado de 2º da ESO participa deste encontro de narración oral que nace en 2017 e que, cada ano, medra máis e máis.
Nesta ocasión, o venres 7 de febreiro o improvisador Josiño da Teixeira fixo un percorrido pola historia dos brindos e as regueifas que nos deixou de boca aberta. Que impresión coñecer as conexións que nos unen a Cuba, a Portugal ou ao País Vasco entre moitas outras culturas! Nin que dicir ten que nós tamén queriamos formar parte desta historia e aló nos botamos a regueifar seguindo as indicacións de Josiño da Teixeira! Seguir lendo Festival Falando a Boca Chea
O NOSO CENTRO EN “FAI MEMORIA! XORNADA DE FORMACIÓN PARA DOCENTES ARREDOR DA MEMORIA HISTÓRICA”
O ESCRITOR ERIC DOPAZO ACHEGOUSE AO NOSO CENTRO PARA UNS ENCONTROS MOI ESPECIAIS
O 19 de decembro de 2024 comezou a mañá coa charla Diversidade para todes na que reflexionamos sobre os nosos referentes da música ou da lectura, por exemplo, e démoslle un par de voltas a que nos trasmite esta sociedade respecto dos valores de igualdade. Seguir lendo O ESCRITOR ERIC DOPAZO ACHEGOUSE AO NOSO CENTRO PARA UNS ENCONTROS MOI ESPECIAIS
CONCURSO DE RELATOS DE SAMAIN
SAMAIN NA BIBLIOTECA
Neste Samain a biblioteca do Neira Vilas estivo repleta de actividades! O noso alumnado puido disfrutar de dúas xornadas de curtametraxes de terror que, entre risas e sobresaltos, fixeron vibrar as nosas cadeiras. Ademais, Sabela A. e Sofía A. , de 1º ESO A, realizaron unha marabillosa presentación na que aprendemos sobre os costumes e actividades asociadas a esta festividade.
SAMAÍN E MAGOSTO NO NEIRA VILAS
Despois dun mes de organización, planificación, probas e máis probas… chegou o Samaín!
Por unha parte, os grupos de terceiro da ESO coordinan a decoración do centro e preparan o Túnel do Terror, e, por outra, o Magosto e os Xogos Populares dos que gozaremos na festa despois do segundo tempo de lecer. Seguir lendo SAMAÍN E MAGOSTO NO NEIRA VILAS
CERTAME LITERARIO DE SAMAÍN
Este Samaín anímate a participar no Certame Literario e, ademais de gañar saborosos premios, poderás asustar literariamente a quen se atreva a mergullar entre urcos, lumias e paisaxes estarrecedoras. Serás quen de contar todo iso en vinte liñas?
Le, atentamente, as bases e déixanos a túa narración antes do 25 de outubro de 2024 no Departamento de Lingua Galega e Literatura ou no de Dinamización Lingüística.
Veña! Non lle deas máis voltas! Estamos desexando ler o teu relato!