O xornal “La Opinión” publicou o día 21/05/2017 un artigo sobre o Bachibac no noso centro co título “La excelencia del Neira Vilas”.
O artigo recolle declaracións dos profesores Xosé Antón García e Carlos Vidal López.
O pasado 9/03/2017 acudiron ó noso centro os membros da Embaixada de Francia en España, Nicolas Kassianides, conselleiro cultural, director del Institut Français de España, Manuela Ferreira, agregada de Cooperación Educativa e Caroline Natalia agregada de cooperación para a lingua francesa.
Os alumnos da 1ª promoción do Bachibac realizaron a proba externa con un 100% de aprobados. O diario La Opinión publica unha noticia é La Voz de Galicia fai unha entrevista ao profesor Carlos Vidal:
O día 3 de novembro o escritor Xosé Neira Vilas festexaba o seu aniversario. Desde o IESP enviouse un vídeo-agasallo no que o profesorado, alumnado e persoal do centro asumía a personalidade do escritor partindo da célebre frase coa que comeza “Memorias dun neno labrego”. O que ía ser un agasallo converteuse o día 27 nunha homenaxe a súa vida e obra.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega colgou na súa web o video elaborado pola comunidade educativa do centro e xa o puxo en facebook.
O Telexornal Mediodía [08/07/2014] da TVG faise eco da oferta do Bachibac no noso centro:
“O IES Neira Vilas de Oleiros ofrece o primeiro bacharelato binacional en francés, o Bachibac”
Pode ver a noticia na páxina da TVG.