O 24 de abril celebrouse no auditorio da Fábrica de Santa Cristina o primeiro Neiranaukas, cunha ampla participación de profesorado, de alumnado 2°, 3°, e 4° de ESO, de 1º de bacharelato e a excepcional colaboración externa de Deborah García Bello, Xurxo Mariño. Para finalizar contamos coa excelente actuación musical do grupo Theta Vawes, do que forman parte unha alumna de 1º de bacharelato e varios exalumnos do centro. Seguir lendo NEIRANAUKAS
Arquivos da etiqueta: A Fábrica
Novos mediadores do Neira Vilas
Dende o pasado mércores 5 de novembro ata o 10 de decembro desenvolveuse no centro cultural A Fábrica de Perillo un novo Obradoiro de Formación en Mediación Escolar.
Este obradoiro está promovido polo concello de Oleiros e contou con 12 horas de formación que foron impartidas todos os mércores de 16:30 a 18:30.
Neste curso formáronse 16 novos mediadores, 12 de primeiro de ESO e 4 de segundo de ESO. Un gran éxito de convocatoria. Os novos mediadores xa forman parte do Equipo de Convivencia e Mediación.
Parabéns a todos e o noso agradecemento a Octavio, que impartiu a Formación, e á Concellería de Cultura do Concello de Oleiros, que nos apoia neste proxecto e nos axuda a mantelo vivo.