Presentamos o vídeo do primeiro NeiraNaukas que se pode visualizar premeNdo sobre a LIGAZÓN ou sobre a imaxe.
O próximo xoves 20 de xuño, como acto de despedida do curso, realizaremos unha nova presentación dentro do proxecto deste curso NeiraViaxe.
O Equipo da Biblioteca do instituto organizou un intercambio de libros, como actividade de fomento da lectura. Os libros foron recollidos entre o 6 e o 10 de maio e, no primeiro tempo de lecer do día 14 de maio, o alumnado participante recolleu os seus novos exemplares.
O 24 de abril celebrouse no auditorio da Fábrica de Santa Cristina o primeiro Neiranaukas, cunha ampla participación de profesorado, de alumnado 2°, 3°, e 4° de ESO, de 1º de bacharelato e a excepcional colaboración externa de Deborah García Bello, Xurxo Mariño. Para finalizar contamos coa excelente actuación musical do grupo Theta Vawes, do que forman parte unha alumna de 1º de bacharelato e varios exalumnos do centro. Seguir lendo NEIRANAUKAS →
Algúns dos traballos realizados polo alumnado do noso instituto están estes días expostos para toda a Comunidade Educativa.
O pase de diapositivas require JavaScript.
O venres día 21 de decembro teremos unha xornada diferente para despedir o primeiro trimestre deste curso. Inicialmente o alumnado da ESO participará na
Xincana Neiraviaxe, con actividades organizadas polos diferentes departamentos e supervisadas polo alumnado de 1º de bacharelato.
Seguidamente relizaranse actividades deportivas e simultaneamente terá lugar a posta en escea dos diferentes proxectos realizados nas aulas sobre o tema escollido para este curso As Viaxes, grandes e pequenas
Convócase a segunda edición do Concurso de fotografía do IES Pluringüe Xosé Neira Vilas que, nesta convocatoria, ten coma eixo central “A Lúa”. O prazo de presentación de imaxes estará aberto ata o vindeiro 19 de decembro.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade englobada no Proxecto da Biblioteca.
Seguir lendo Concurso de fotografía: A Lúa →
Neil Armstrong é retratado polo cineasta Damien Chazelle na súa esfera privada e profesional en “First Man”, un filme que tenta contarnos minuciosamente a “década bisagra” do enxeñeiro que pisou por primeira vez o noso satélite -á par que radiografía as dificultades no camiño cara ao obxectivo final. O alumnado de 4º ESO e 1°de Bacharelato tivo ocasión de acudir a unha proxección no cine este 22 de outubro de 2018, a menos dun ano da efeméride da primeira alunizaxe.
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)