O venres 27 de maio tivo lugar a graduación da promoción que remata 2º Bacharelato en 2022. O acto -coa participación de toda a comunidade educativa e a asistencia do alcalde de Oleiros- tivo lugar no auditorio Gabriel García Márquez de Mera.
Nunha festa para a lembranza, Rita Ardao e Javier Méndez conduciron unha gala que contou cos discursos do director Fernando Vidal, a profesora Mercedes López-Mayán e o pai Moisés Canle, xunto coas alocucións de Iker Naveira e Luisa Tova por parte do alumnado.
- Olla as fotografías do acto.


O Concello de Oleiros concedeu ao IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, mediante Decreto da alcaldía nº 5485/2018, de 26 de decembro, de 7168 € (sete mil cento sesenta e oito euros) para os seguintes conceptos: