O venres 27 de maio tivo lugar a graduación da promoción que remata 2º Bacharelato en 2022. O acto -coa participación de toda a comunidade educativa e a asistencia do alcalde de Oleiros- tivo lugar no auditorio Gabriel García Márquez de Mera.
Nunha festa para a lembranza, Rita Ardao e Javier Méndez conduciron unha gala que contou cos discursos do director Fernando Vidal, a profesora Mercedes López-Mayán e o pai Moisés Canle, xunto coas alocucións de Iker Naveira e Luisa Tova por parte do alumnado.
O Concello de Oleiros concedeu ao IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, mediante Decreto da alcaldía nº 5485/2018, de 26 de decembro, de 7168 € (sete mil cento sesenta e oito euros) para os seguintes conceptos:
“Actividades didácticas, deportivas e culturais (representacións teatrais, visitas a entidades, museos e exposicións, intercambio co SchuleEins de Berlín, viaxe europea a Polonia,…) para 327 alumnos e alumnas, viaxe de fin de etapa da ESO a Dublín para 24 alumnos/as e intercambio cultural co Collége Notre Dame Le Ménimur (Bachibac) para 13 alumnos/as“.
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)