O venres día 1 de decembro tivo lugar a homenaxe a Neira Vilas. Todo o profesorado e alumnado reuniuse para escoitar as palabras do director do centro, de Pepe Carballude e do presidente da Fundación Neira Vilas, Luis Reimóndez. José Vázquez e Sarai Muiños, estudantes de 1º de Bacharelato, leron un poema do autor dedicado a Anisia Miranda e, para finalizar, Jesús Fernández, profesor do Departamento de Música, Laura Fernández, a Xefa de Estudos, e parte do alumnado interpretaron o poema “Ai, amor!”. Seguir lendo Homenaxe á Neira Vilas e Anisia Miranda
Arquivos da etiqueta: Laura Fernández Villarino
Día da Ciencia na Rúa 2016
O pasado sábado, 7 de maio, o noso centro participou no XXI Día da Ciencia Na Rúa. Dende as 11 da mañá ata as 7 da tarde unha nutrida representación do alumnado do centro presentou ao público asistente unha colección de actividades e experiencias que trataban de popularizar e desmitificar o coñecemento científico.
O capacidade de comunicación do alumnado e a súa facilidade para adaptar as explicacións á idade dos visitantes mantiveron a nosa xaima sempre chea de visitantes.
Participantes
Alumnado : Daniel Alba Pascoal, Lucía Arce Fernández, Alejandro Basante Díaz , Javier Castro Iglesias, Diego Chenlo Portabales, Rubén Digón Louzara, Martín Fernández-Obanza Durán, Lucía Flórez Bustad, Antía González Fernández, Marta Martínez Novo, Pepa Mata Varela, Emilia Oróns Vázquez, Miguel Pozo González, Cesar Resch Pérez, Alba Rouco Prieto, Iago Ruibal Lago, Uxía Sabrojo Catoira, Guillermo Astor Torres Lamas, Adrián Vázquez Pintor, Marcos Vázquez Rubín.
Profesorado : Jesús Antonio Curros López e Laura Fernández Villarino do Departamento de Física e Química, Xosé Rodríguez Rodríguez do Departamento de Tecnoloxía e Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño, profesores eméritos do departamento de Física e Química.
Actividades presentadas
- O aire esmaga unha lata de refresco
- Una figura de papel imposíbel de realizar
- O sistema binario e máis eu adiviñámosche o numero pensado
- Un programa de ordenador telépata
- Unha fonte sin fin
- Nitinol: un metal con memoria de forma
- Ensaios á chama e a composición das estrelas
- Un detector de luz infravermella no bolso.
- Experiencias no baleiro
- Impresora 3D. Deseña e imprime o teu chaveiro
- Fabricando unha gaiola de Faraday na casa