Arquivos da etiqueta: Samaín

Concurso de conxuros

O pasado 21 de decembro entregáronse os premios ás gañadoras do concurso de conxuros que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou no Samaín. As vencedoras foron as alumnas de 1º de ESO Lucía Gestoso, Brenda Franco e Marina Franco. Pódense consultar os textos no blog da biblioteca “O faiado de Balbino”.

Concurso de conxuros

O día 21 de decembro o Equipo de Dinamización da Lingua Galega entregou os premios dos conxuros de Samaín, cuxa temática xiraba arredor do tema do proxecto deste curso no centro, “O Humano”, xa que o alumnado participante tiña que crear un conxuro para humanizar aquilo que lle resultase demasiado inhumano. Os gañadores foron María Rodríguez Mejuto, Pablo Castiñeiras Armada e Javier Moya Sánchez, de 2º da ESO. Pódense consultar os textos gañadores no blogue da biblioteca do centro:
Enlace aos relatos

Magosto-Samaín 2015

Samain_9_11_15_002O EDLG organizou na semana do 9 ao 13 de novembro unha serie de actividades para festexar algunhas das celebracións máis características deste mes. A tarde do luns 9 de novembro tivo lugar un magosto no patio do IESP para o alumnado da ESO e o profesorado. Cada un trouxo unha presiña de castañas para asar mentres se desenvolvía a xincana de xogos populares. O martes 10, o alumnado de 1º da ESO asistiu ao espectáculo “Contos de Defuntos” a cargo da compañía “A tropa de trapo”  no que se revisaron a actualizaron algúns dos relatos de medo asociados á cultura galega tradicional. Ao longo da semana exhibíronse as cabazas decoradas na entrada do centro, así como se recolleron os textos máis terroríficos das rapazas e rapaces que decidiron participar no “Concurso de conxuros”.