O pasado 19 de febreiro realizouse a homenaxe no Parlamento de Galicia aos deportados galegos en Mauhaussen coa lectura pública dos cento noventa e tres nomes realizada polo alumnado de 4º curso do IES Plurilingüe Neira Vilas e as palabras do presidente do Parlamento en presencia dos familiares, os representantes de todos os grupos políticos e as altas autoridades de Galicia. Seguir lendo Homenaxe aos deportados galegos no Parlamento de Galicia
Arquivos da etiqueta: Sara Boughaba
A Nosa Homenaxe á Carlos Casares
Unha pequena “instalación” nas escaleiras do noso centro recórdanos a súa obra. Dez carteis feitos grazas á creatividade do alumnado de Educación Plástica e Visual de varios niveis – coordinados pola súa profesora -. Co asesoría do Departamento de Galego e o apoio de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca. Seguir lendo A Nosa Homenaxe á Carlos Casares
Homenaxe a Rosalía
O pasado día 24 de Febreiro, día de Rosalía, o alumnado do IES Neira Vilas participou na homenaxe a Rosalía de Castro co recitado de versos da poeta. O acto foi realizado no Ágora de A Coruña e organizado pola AELG (Asociación de escritores en lingua galega).
Participaron os alumnos de 1º curso, Sara Boughaba, Manuel Colino e Orleni Mateo xunto con escritores como Manuel Rivas ou Fernández Naval, dramaturgos como Manuel Lourenzo ou profesores de Universidade como Pilar García Negro.