O alumnado de Francés de 3º e 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato, en colaboración coas familias, e coordinado polo profesor Carlos Vidal, ilústranos sobre o que esperan do primeiro día do post-confinamento e invítannos a resistir… Sempre na lingua de Molière!!!
Non o agardabamos, pero chegou… Sorprendeunos, mais espertounos, púxonos as pilas… Este virus modificou todas as nosas pautas de traballo. E decidimos que había que compartilas. Por iso, nesta entrada colgaremos traballo do alumnado durante o período de corentena de 2020, aquel no que iamos celebrar #NeiraNaukas2020. Todo o virtual pode converterse en real, todo o imaxinario muda en tanxible. Invitámosvos a velo e partillalo (clickando na imaxe)!
Nota: A rapazada que ten autoría dos documentos aparece etiquetada.
Os alumnos Eduardo Giménez, Danick Ramos e María Varela, membros do EDLG do noso IES -acompañados polo coordinador do equipo, Alberto Pombo, participaron no #luar1198. Outra acción de impresión. Velaquí a participación do noso alumnado e outros intres do evento
Os alumnos de 4º de ESO integrantes do grupo “Chouchous III”: Danick Ramos, Eduardo Xavier Bargiela e Lucas Canle; proclamáronse o pasado venres gañadores da final do “Desafío Cambio Climático” que tivo lugar durante a súa visita á feira de investigación científica “Galiciencia 2018”.
Dende aquí queremos felicitar a todo o alumnado do Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencias STEM participante en dito desafío, moi especialmente ós gañadores, pola súa orixinalidade nos materiais elaborados e o seu gran traballo en equipo. Un agradecemento tamén especial merece o noso compañeiro “Xosea”, peza fundamental para acadar este éxito.
O pasado 19 de febreiro realizouse a homenaxe no Parlamento de Galicia aos deportados galegos en Mauhaussen coa lectura pública dos cento noventa e tres nomes realizada polo alumnado de 4º curso do IES Plurilingüe Neira Vilas e as palabras do presidente do Parlamento en presencia dos familiares, os representantes de todos os grupos políticos e as altas autoridades de Galicia. Seguir lendo Homenaxe aos deportados galegos no Parlamento de Galicia→
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)