Segundo se comunicou a toda a comunidade educativa a través de Abalar, a Dirección Territorial autorizou o vindeiros luns, 4 de maio, como día non lectivo de centro, polo que nesa data non haberá clase e o centro permanecerá pechado.
Todolos artigos de: xefatura
REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O PROGRAMA BACHIBAC
O vindeiro xoves, 30 de abril, ás 18:30 h. terá lugar no Salón de actos do centro unha reunión informativa sobre o programa de dobre titulación Baccalauréat-Bacharelato (Bachibac), que, dentro do sistema de ensino en Galicia, só existe no noso centro. A xuntanza está dirixida prioritariamente ao alumnado e ás familias do alumnado que actualmente cursa 3º e 4º ESO para que aquelas persoas interesadas en incorporarse ao programa en Bacharelato coñezan mellor como funciona, cal é o plan de estudos, que requisitos de acceso existen e outras cuestións de interese.

CALENDARIO DE EXAMES FINAIS DE MATERIAS PENDENTES DA ESO
Indícanse as datas e horas dos exames finais de materias pendentes da ESO, aos que deben presentarse aqueles/as alumnos/as de 2º, 3º e 4º ESO que teñan materias pendentes de cursos anteriores e que non as recuperaron a través dos traballos e probas plantexados polo profesorado correspondente ao longo do curso.
CALENDARIO DE EXAMES FINAIS DE MATERIAS PENDENTES DE 1º BACHARELATO

Indícanse as datas e horas dos exames finais de materias pendentes de 1º de Bacharelato, aos que deben presentarse só aqueles/as alumnos/as de 2º de Bacharelato que non recuperaron as materias pendentes a través dos traballos e probas plantexados polo profesorado correspondente ao longo do curso.
PROBAS DE ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA
CONVOCATORIA DA PROBA EXTERNA DE BACHIBAC PARA O CURSO 2025-26

CALENDARIO DE FINAL DE CURSO DE 2º BACHARELATO
De acordo coa Instrución 2/2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se concretan prazos e aspectos do procedemento para as revisións e as reclamacións finais nas etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para o curso 2025/26 (https://www.edu.xunta.gal/

Toda a información detallada sobre o procedemento de revisión e reclamación pode consultarse na citada Instrución, dispoñible no enlace anterior e na web do centro.
OBRADOIRO “MEIGALLO GRÁFICO” EN RIALEDA
Os días 3 e 4 de marzo o alumnado de 1º e 2º ESO asistiu ao obradoiro “Meigallo gráfico”, impartido polo ilustrador Miguel Cuba. Grazas ao seu labor e ao das Bibliotecas de Oleiros, puidemos viaxar a terras de Xapón, Dinamarca e lugares impronuncialbes para descubrir que compartimos unha riquísima mitoloxía! As nosas cabeciñas enchéronse de lamias, tardos e gatipedros para animar a nosa imaxinación. Aquí vos deixamos algunha das criaturas mitolóxicas que creamos!
FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO
O martes 3 de marzo o alumnado de Latín e Grego de 4º ESO e de 1º e 2º Bacharelato asistiu ás obras do Festival de Teatro grecolatino que, organizado pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos, tivo lugar na cidade de Lugo. Pola mañá puideron disfrutar da posta en escea de “Medea”, de Eurípides, e pola tarde houbo moitas risas coa comedia “Cásina”, de Plauto, ambas representadas polo grupo Noite bohemia da Coruña.
RENOVACIÓN DA PARTICIPACIÓN NO CONSORCIO ERASMUS+ GALEMUNDO

