O vindeiro martes día 4 de outubro ás 18:30 terán lugar as reunións informativas das titoras e titores dos diferentes grupos de alumnado coas nais e pais dos mesmos. As reunións de 2º ESO C e 4º ESO B serán o día 6 de outubro, xoves, ás 18:30.
Todolos artigos de: xefatura
SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS
A xunta de Goberno Local, na sesión do 1 de xullo de 2022, concedeu ao noso instituto 9030 € en concepto de subvención para a realiación de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.
RESULTADO DO NOSO ALUMNADO NAS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE
Notas obtidas polo alumnado do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas para o acceso á Universidade. Curso 2021-2022
Notas certificadas pola Université de Toulouse:
15 alumnos e alumnas. Nota media final da proba de acceso: 8,4791
Notas ABAU:
20 alumnos e alumnas (19 aptos/ 1 non apto). Nota media ABAU: 5,1975
Nota media dos 35 alumnos e alumnos que realizaron probas de acceso á Universidade:
8,4791 x 0,4286 + 5,1975 x 0,5714 = 6,6039
ENTREGA DE NOTAS
A entrega de notas da avaliación ordinaria de ESO e extraordinaria de 1º Bacharelato terá lugar o día 28 de xuño ás 11:00. Realizarase na aula de referencia de cada grupo.
Xunto co boletín de notas entregarase o impreso de matrícula para o curso 2022-23.
Horario exames extraordinarios 1º e 2º de bacharelato
Podedes consultar o calendario aquí.
Arranca o curso 2021-22
Entrega de notas
horario exames de setembro 2021
Podedes consultar os días e horarios dos exames de setembro no seguinte enlace:
Matrícula 2021-22
Do 30 de xuño ao 9 de xullo de 2021 terá lugar o proceso de matrícula para o vindeiro curso 2021-22 no IES. Por mor da COVID-19, e coa finalidade de evitar colas e aglomeracións, propoñemos a familias e alumnado unha matrícula por quendas -por orde alfabética, que indicamos na ligazón seguinte:
Xuntamos os documentos de matrícula para cada etapa educativa:
- Documento de matrícula para ESO.
- Documento de matrícula para 1º Bacharelato.
- Documento de matrícula para 2º Bacharelato.
Premio de excelencia
Premio de Excelencia da UDC á mellor nota de admisión no dobre grao en turismo e ciencias empresariais, outorgado á nosa exalumna Sonia Pereiro Arrojo. Noraboa!