Un ano máis o Instituto Neira Vilas celebra con orgullo a graduación dunha nova e brillante promoción de Bachibac, que obtivo un éxito do 100% na proba externa conducente á obtención da dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat. Noraboa a todo o alumnado polo seu esforzo e talento, e moita sorte nas andainas que agora emprenden!
Arquivo da categoría: Alumnado
OBRADOIROS TALENTO MOZO
O IES Neira VIlas foi un dos centros educativos seleccionados por parte da Conselleria de Educación para participar no programa educativo “TALENTOS MIOZOS”. Un dos obxectivos do programa é visibilizar a creatividade e a innovación impulsada por xente moza con experiencia en diferentes ámbitos profesionais como a empresa, o deporte, a cultura e a creación, a ciencia ou o voluntariado.
Uxía Varela e Jacobo Lazcano foros os mozos que deron a coñecer as súas traxectorias académicas e profesionais para estimular e incentivar a análise e reflexión do noso alumnado. A charla-coloquio tivo lugar, o 5 de maio e asistiu o alumnado de 3º ESO.
Graduación 2º Bacharelato
CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO
Este curso celebrouse o Día Internacional do Libro por todo o alto! Ao longo de toda a semana puidéronse coñecer as numerosas recomendacións literarias feitas polo alumnado, profesorado e PAS do centro expostas nun mural confeccionado polo equipo de biblioteca no andar baixo.
E o domingo, 23 de abril, pola mañá, tres representantes do noso club de lectura “O faiado de Balbino”, Inés Rucci, Óscar López e Sergio Domínguez, leron diversos fragmentos dalgúns dos seus libros favoritos na actividade organizada pola Librería Berbiriana da Coruña. As obras escollidas foron, respectivamente, “La historia interminable” de Michael Ende, “Non penses nun elefante rosa” de Antía Yáñez e “El bestario de Axlin”, primeiro tomo da triloxía “Guardianes de la ciudadela” de Laura Gallego. Moitas grazas a todxs pola participación!
Participación na campaña 8m do Concello de Oleiros


VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA
O venres, 16 de decembro, o alumnado de 4º ESO visitou o Museo de Belas Artes da Coruña. A saída, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, tiña o obxectivo de descubrir a magnífica colección de gravados de Goya que alberga o Museo, nunha sala, ademais, recentemente reformada. Asimesmo, aproveitouse a ocasión para visitar o resto da colección, con especial atención á arte dos séculos XIX e XX e á presenza das mulleres artistas nela. Agradecemos ao Museo a súa cálida e instrutiva acollida!
FAM2L2ANA
Encontro con Érica Esmorís
LECTURAS DE NEIRA VILAS
O alumnado de 3º da ESO PDC le uns versos da obra “PAN” de Xosé Neira Vilas.
ENCONTRO CON ANTÍA YÁÑEZ
O alumnado de 3º e 4º de ESO gozou dun fantástico encontro coa escritora Antía Yáñez no auditorio de A Fábrica en Perillo.
Marabillosa conversa na que reflexionou sobre a saúde mental, a literatura e a escrita.