Dinamización anima a celebrar o Día da Candeloria compartindo amor e agradecemento epistolar.

Dinamización anima a celebrar o Día da Candeloria compartindo amor e agradecemento epistolar.

Dinamización fomenta a creación poética para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, 30 de xaneiro.

Convócanse a todas as familias socias e invítanse a todas as familias non socias a unha asemblea xeral ordinaria da Asociación de Nais e Pais do IESP Xosé Neira Vilas.
Data: Xoves 5 de febreiro de 2026
Hora: 16.00 h en 1ª convocatoria e 16.30 h en 2ª convocatoria
Lugar: IESP Xosé Neira Vilas
Orde do día:
1. Aprobación das actas da sesión anterior.
2. Aprobación das contas do curso 2024-2025.
3. Aprobación do orzamento do curso 2025-2026.
4. Información sobre as actividades da ANPA e extraescolares.
CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA, Febrero 2026
As actas das asambleas anteriores están disponibles nos seguintes enlaces:
ACTA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA, Novembro 2024
ACTA ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, Febreiro 2025
Moitas grazas pola vosa colaboración!
SENDEIRISMO E KAIAK
Dentro do Plan de Deportes de Oleiros, desenvolveuse a práctica de Sendeirismo e Kaiak polas Terras do Mandeo no mes de setembro. A actividade foi financiada na súa totalidade polo Concello participando o alumnado de 1º de Bacharelato cun total de 36 participantes.
KAIAK
Dentro das actividades subvencionadas polo Concello de Oleiros e dirixidas ao Departamento de Educación Física estívose a realizar no mes de setembro a actividade de “Iniciación ao Kaiak e Remo”. Impartida polo Clube de Remo de Perillo, na praia de Santa Cristina, a actividade programouse para 3º da ESO.
SURF
O 10, 12 e 13 de Outubro, levouse a cabo a actividade de SURF, dirixida ao alumnado de 4º da ESO, na praia de Bastiagueiro. A actividade foi subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros.
BUCEO Seguir lendo ACTIVIDADES TRIMESTRAIS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
O mércores 21 de xaneiro o alumnado de 4º ESO tivo o pracer de asistir á charla “A lingua galega: unha oportunidade”, impartida polo escritor e director do Servizo de Normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela Manuel Núñez Singala e organizada polo Servizo de Normalización lingüística do Concello de Oleiros en colaboración co Equipo de Dinamización da lingua galega do noso instituto. A través das súas amenas verbas, cheas de historias, sorpresas e xiros inesperados, Manuel fíxonos reflexionar sobre a situación da lingua galega, sobre o que nos condiciona como falantes e sobre a oportunidade e riqueza que supón o noso patrimonio lingüístico e cultural.
O venres 19 de decembro visitounos un antigo alumno do centro, Miguel Pérez Lujano, que fixo unha presentación ao alumnado de bacharelato sobre os seus estudos actuais en Chile que teñen que ver coa formación e desenvolvemento das masas de xeo e neve nos glaciares. Tamén lles contou as súas experiencias despois de deixar o IES e comezar os seus estudos de Física en Tenerife, estudos que segue levando a cabo na actualidade na universidade de Santiago de Compostela.
O Concello de Oleiros mediante a resolución Nº2025006129, con data 20/11/2025, acordou conceder unha subvención de 4.411,42 € á ANPA ARCE DO IESP XOSÉ NEIRA VILAS para a realización das seguintes actividades: