Arquivo da categoría: Departamento de Orientación

Novos mediadores do Neira Vilas

Dende o pasado mércores 5 de novembro ata o 10 de decembro desenvolveuse no centro cultural A Fábrica de Perillo un novo Obradoiro de Formación en Mediación Escolar.

Este obradoiro está promovido polo concello de Oleiros e contou con 12 horas de formación que foron impartidas todos os mércores de 16:30 a 18:30.

Neste curso formáronse 16 novos mediadores, 12 de primeiro de ESO e 4 de segundo de ESO. Un gran éxito de convocatoria. Os novos mediadores xa forman parte do Equipo de Convivencia e Mediación.

Parabéns a todos e o noso agradecemento a Octavio, que impartiu a Formación, e á Concellería de Cultura do Concello de Oleiros, que nos apoia neste proxecto e nos axuda a mantelo vivo.