O horario de actividades para o día 1 de marzo, no que se celebra o entroido no noso centro é o que a continuación se indica.
Desexamos a toda a comunidade educativa que disfrute destas festas!
Durante a semana do 25 de febreiro ao 1 de marzo celébrase no instituto o Entroido 2019; con diversas actividades e concursos nos que se implica a toda a comunidade educativa.
Pódense consultas as BASES DOS DIFERENTES CONCURSOS
O día 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, coincidindo co 182 aniversario no seu nacemento.
O pasado luns 12 de novembro estivo no instituto a escritora Paula Carballeira, compartindo co alumnado de 2º de ESO unha actividade de Dinamización da Lingua Galega: Historias de Arrepío.
Seguir lendo O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA: Paula Caballeira
O sábado 16 de xuño tivo lugar a homenaxe a Nacho Taibo que organizou a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co gallo da distinción como Escritor na súa terra- escritor letra E. O acto, realizado en Santa Cruz, incluíu unha primeira parte onde se plantou un carballo, árbore escollida polo autor, á vez que se descubría unha pedra conmemorativa na que se recollía un texto de Nacho Taibo. A continuación tivo lugar un acto máis oficial no castelo de Santa Cruz. O autor, para alén de repasar a súa vida e obra, dedicou unha parte do seu discurso ao seu paso polo IES Neira Vilas. Seguir lendo Nacho Taibo, Escritor na súa terra.
Os días 5 e 6 de xuño tivo lugar o Roteiro cultural que organiza o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, o IES Neira Vilas e o IES Miraflores. Este ano participou, ademais de alumnado doutros centros do concello, as rapazas e rapaces de 3º da ESO do IES Neira Vilas, coordinados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo da Biblioteca, o Departamento de Lingua Galega e o Departamento de Plástica. Seguir lendo Roteiro cultural
Os días 24 e 25 de maio tiveron lugar as xornadas dedicadas a Nacho Taibo. O venres 25, despois das dúas mesas nas que se falou do seu labor docente, o homenaxeado xunto cos compañeiros e parte do alumnado acudiu á aula 23 para descubrir os vinilos conmemorativos que recollían parte da súa obra e biografía, con motivo da dedicatoria na súa honra da aula na que se imparten actualmente as clases de Lingua e Literatura Galega.
A noticia dos actos foi recollida polo xornal “La Opinión”. Seguir lendo Homenaxe a Nacho Taibo
Este ano a AELG decidiu escoller a Nacho Taibo, profesor que formou parte do claustro do IES Neira Vilas durante moitos anos, como “Escritor na súa terra – Letra E”, na súa vixésimo cuarta edición. O centro unirase ás homenaxes ao compañeiro coa organización dunhas xornadas dedicadas ao seu labor docente e creativo que terán lugar o xoves 24 e venres 25 de maio de acordo co seguinte programa: Seguir lendo Homenaxe a Nacho Taibo
O martes 3 de abril o alumnado de 4º da ESO acudiu á biblioteca Rialeda a un espectáculo poético visual a cargo de Yolanda Castaño. A actividade organizada desde a Rede de Bibliotecas Municipais contou coa colaboración no centro do Equipo de Biblioteca, O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua Galega.
O alumno Mateo Naya Seguí, de 1º de ESO, gañou co texto “Seixo Branco” un dos premios do certame de relatos “Descubrindo Oleiros” que convoca o Servizo de Normalización Lingüística do concello. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, en colaboración permanente co Servizo de Normalización do concello, animouse a alumnado a participar. Seguir lendo Mateo Naya Seguí premiado no concurso “Descubrindo Oleiros”