OFERTA DE PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2025-2026 DESPOIS DO PROCESO DE RESERVA
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO CON POSTO RESERVADO. CURSO 2025-2026
Rematado o procedemento de reserva de postos escolares para o alumnado procedente do centro adscrito (CEIP Valle Inclán), informamos que os postos dispoñibles en 1º ESO no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas para o curso escolar 2025-2026 son suficientes para atender todas as solicitudes presentadas en prazo.
De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, estará exposta no taboleiro de anuncios do centro adscrito (CEIP Valle Inclán) e de adscrición (IESP Xosé Neira Vilas) a listaxe definitiva do alumnado con posto reservado.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NO IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas.
O prazo para formalizar a matrícula prevese que sexa entre o 27 de xuño e o 4 de xullo de 2025, segundo as quendas por cursos que se establecerán no calendario de matrícula que será plublicado na web do instituto no seu momento.
PRAZOS, DOCUMENTACIÓN, INFORMACIÓN
1) SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DO CENTRO ADSCRITO (CEIP RAMÓN Mª DEL VALLE-INCLÁN) PARA 1º ESO:
– Prazo de solicitude de reserva: Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.
– Procedemento: Presentación da solicitude de reserva ED550A no centro de orixe (pódese descargar neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), ben de xeito manual, ben a través da Sede electrónica coa Chave 365 ou con certificado dixital.
– Asignación de prazas e publicación de listaxes de alumnado admitido sen fase de baremo e de prazas vacantes no taboleiro do IES e na aplicación admisión alumnado: 22 de febreiro. No caso de que non houbera praza para todas as solicitudes de reserva, publicarase tal circunstancia no centro e todo o alumnado deberá presentar necesariamente a solicitude de admisión ordinaria coa documentación que se indica neste documento a efectos de realizar a baremación: Documentación para solicitude de admisión.
2) SOLICITUDE DE ADMISIÓN ORDINARIA DO ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS PARA CALQUERA CURSO:
– Prazo de solicitude de admisión ordinaria: Do 1 ao 20 de marzo.
– Procedemento: Presentación da solicitude de admisión (ED550B (Anexo II e Anexo IIbis) (pódese descargar neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), ben de xeito manual no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, ben a través da Sede electrónica coa Chave 365 ou con certificado dixital.
– Documentación necesaria: coa solicitude de admisión deberá presentarse a documentación que se indica no seguinte documento: Documentación para solicitude de admisión.
– Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas no taboleiro do IES e na aplicación admisionalumnado: 25 de abril.
– Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas no taboleiro do IES e na aplicación admisionalumnado: 15 de maio.
3) MATRÍCULA NO CENTRO DE TODO O ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO ADMITIDO NOS PROCESOS DE RESERVA E/OU ADMISIÓN ORDINARIA
– Prazo de matrícula: Do 27 de xuño ao 4 de xullo, segundo as quendas por cursos que se establecerán no calendario de matrícula que será publicado na web do instituto no seu momento.
– Instrucións para a matrícula: nas datas de matrícula estará disponible na web do instituto toda a información sobre o procedemento de matrícula, impresos de matrícula, documentación necesaria e lugar e horario para formalizala.
INFORMACIÓN IMPORTANTE
- As persoas solicitantes poderán presentar solicitude de admisión en prazo pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia e alegando os criterios de admisión/baremación que pretendan que se lles valoren. Esta solicitude deberá ser dirixida ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
- O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
- En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, asimesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento de admisión.
- O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas conta cunha liña de transporte escolar e cafetería escolar en horario de 08:30 a 13:30.
- A admisión e matriculación do alumnado no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas implicará o respecto do seu proxecto educativo.
- Para calquera consulta sobre o procedemento poden acudir ao portal da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades e á aplicación admisionalumnado(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), así como á normativa de referencia indicada a continuación.
NORMATIVA DE REFERENCIA
O procedemento de reserva, admisión e matrícula réxese pola seguinte normativa de referencia:
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación[DOG do 11 de febreiro de 2022].
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)[DOG 8 de novembro de 2022].
- Instrucións da Dirección Xeral de centros e recursos humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2025-2026.