Arquivos da etiqueta: Biblioteca

Proxección de cine: “First man”

ProxecciónNeil Armstrong é retratado polo cineasta Damien Chazelle na súa esfera privada e profesional en “First Man”, un filme que tenta contarnos minuciosamente a “década bisagra” do enxeñeiro que pisou por primeira vez o noso satélite -á par que radiografía as dificultades no camiño cara ao obxectivo final. O alumnado de 4º ESO e 1°de Bacharelato tivo ocasión de acudir a unha proxección no cine este 22 de outubro de 2018, a menos dun ano da efeméride da primeira alunizaxe.

#Pascua

pascua_Co gallo do centenario do alzamento de Pascua en Irlanda, un grupo moi numeroso de profesorado e alumnado do centro educativo acometeu un proxecto de biblioteca interdisciplinar que achegase ao alumnado o coñecemento da cultura irlandesa nos seus máis variados aspectos (botánica, mitoloxía, literatura, ciencia e curiosidades varias), adobado cunhas pingas de música irlandesa que culminaron coa interpretación de “Zombie”, de Cranberries. O teatro, a realización videográfica, a exposición oral, o monólogo, a interpretación musical e a declamación poética -mesmo en lingua de signos- foron métodos de achega a un espectáculo que cobrou vida grazas a unha moi significativa participación colectiva.
Unha vez máis, agradecemos a implicación do alumnado e profesorado neste proxecto.

 

Pascuap

Ver Presentación






Ver texto da de teatro

Hora de ler

Toca Ler
Toca Ler

Por segundo curso consecutivo ponse en marcha no noso centro esta actividade coa que se pretende ampliar o interese pola lectura na nosa comunidade educativa con vinte minutos de lectura cada día nos que cada un poderá ler o libro que máis lle interese.

A hora seguirá sendo rotatoria por semanas entre as seis sesións de cada xornada cun calendario preestablecido. A lectura é individual e silenciosa no espazo que corresponda e co profesor que imparta clase nesa sesión. Cada alumno e alumna da ESO deberá ter consigo un libro para ler nese momento e se non dispón del seralle asignado polo profesor que esté a cargo do grupo nese intre.

Dadas as boas valoracións recibidas por esta experiencia o curso pasado e a alta implicación de toda a comunidade educativa na mesma, confíase en conseguir que a lectura pase a ser un dos eixos fundamentais da nosa actividade.