A Semana da Muller 2020 é momento de lembranza do papel das mulleres en diversos campos: na ciencia, na literatura, na economía, na vida… por parte de diversos departamentos e profesorado, ademáis da Biblioteca do centro escolar.
O alumnado de 2º ESO, ademáis, leu en grupo e criticamente a obra “La Cenicienta que no quería comer perdices” -obra que moderniza o conto de Cenicienta, en Valores Éticos. Isto servíu para traballar os estereotipos de xénero en torno ao machismo.
Sumándonos á convocatoria da Fundación Xosé Neira Vilas, que tivo a ben conmemorar o 3 de novembro como o “Día Neira Vilas”, o alumnado do centro participou na lectura de extractos do libro “Aquel neno”. Os destinatarios foron principalmente 1º ESO A e 1º ESO B. A actividade, coordinada polo noso compañeiro Alberto Pombo, contou coa participación e colaboración do equipo da Biblioteca escolar do centro.
Durante os últimos días a biblioteca do Neira Vilas tivo unha intensa actividade literaria, xa que varios autores de recoñecido prestixo dentro la Literatura Galega estiveron compartindo o seu coñecemento co alumnado do noso instituto. Seguir lendo ESCRITORES NA BIBLIOTECA ESCOLAR→
O Equipo da Biblioteca do instituto organizou un intercambio de libros, como actividade de fomento da lectura. Os libros foron recollidos entre o 6 e o 10 de maio e, no primeiro tempo de lecer do día 14 de maio, o alumnado participante recolleu os seus novos exemplares.
O pasado día 26 de febreiro houbo unha saída pola cidade da Coruña do alumnado de 2º ESO. A actividade consistiu nunha visita guiada ao Arquivo do Reino de Galicia, a Fundación Luis Seoane e ao Museo de Belas Artes. A organización correu a cargo da profesora Mar Cuba e do profesor Alberto Pombo e contou coa colaboración de María Dans, Jorge Calle e Agustín Fernández Gago.
O pasado venres 15 de febreiro o alumnado de 3º de ESO do IES
Plurilingüe Xosé Neira Vilas participou nun obradoiro de ilustración
na Biblioteca Municipal Rialeda. Miguel Cuba, responsable desta
actividade, conseguiu espertar neles a faceta creativa que todas e
todos levan dentro. A actividade inclúese na programación de actividades de fomento da lectura do Concello de Oleiros.
O venres día 21 de decembro teremos unha xornada diferente para despedir o primeiro trimestre deste curso. Inicialmente o alumnado da ESO participará na Xincana Neiraviaxe, con actividades organizadas polos diferentes departamentos e supervisadas polo alumnado de 1º de bacharelato.
Seguidamente relizaranse actividades deportivas e simultaneamente terá lugar a posta en escea dos diferentes proxectos realizados nas aulas sobre o tema escollido para este curso As Viaxes, grandes e pequenas
Convócase a segunda edición do Concurso de fotografía do IES Pluringüe Xosé Neira Vilas que, nesta convocatoria, ten coma eixo central “A Lúa”. O prazo de presentación de imaxes estará aberto ata o vindeiro 19 de decembro.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade englobada no Proxecto da Biblioteca.