Arquivos da etiqueta: Claudia Míguez

Matemáticas #NaCasa_NV

O alumnado de 2º ESO da profesora de matemáticas Mª Ángeles Varela realizou, neste confinamento, toda unha serie de traballos que compartimos. Neles comprobamos como estamos habituados a ver nos libros de texto figuras de homes matemáticos -con teoremas que levan o seu nome- e porén nunca vemos ningunha muller matemática nos nosos textos, e non é porque elas non teñan realizado grandes descubrimentos na vida matemática. E tamén comprobamos como estamos rodeados de números na nosa vida diaria, así como de formas xeométricas que o alumnado fotografiou.

  • Números na vida cotiá.
  • Xeometría na vida cotiá.
  • Mulleres matemáticas.
  • Tangrams.
    Un tangram está composto por sete figuras xeométricas; dous triángulos grandes, dos que a área é un cuarto da área total, dos máis pequenos de área un dezaseisavo da área total, un mediano que corresponde a un oitavo da área total, un cadrado que é un oitavo da área total e un paralelogramo que representa tamén un oitavo da área total.

#NaCasa_NV

Non o agardabamos, pero chegou… Sorprendeunos, mais espertounos, púxonos as pilas… Este virus modificou todas as nosas pautas de traballo. E decidimos que había que compartilas. Por iso, nesta entrada colgaremos traballo do alumnado durante o período de corentena de 2020, aquel no que iamos celebrar #NeiraNaukas2020. Todo o virtual pode converterse en real, todo o imaxinario muda en tanxible. Invitámosvos a velo e partillalo (clickando na imaxe)!

Nota: A rapazada que ten autoría dos documentos aparece etiquetada.