Arquivos da etiqueta: Anxo Somoza

Collages #NaCasa_NV

O alumnado de 1º ESO, coordinado pola profesora Victoria Fernández, realizou #NaCasa una serie de collages de grande mérito. Pódense ver nesta ligazón ou facendo click sobre a imaxe de entrada.

* E, de regalo, un cómic de Itziar Martínez.

Día do Deporte #NaCasa

O 28 de abril íase celebrar o DÍA DO DEPORTE NA RÚA, e o noso instituto estaba inscrito para participar. Pero como iso xa non é posible, os organizadores pensaron que se celebrara igualmente, mais agora será o DÍA DO DEPORTE NA CASA.
Polo tanto, dende o departamento de Educación Física do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas propuxemos varias actividades físico-deportivas a xeito de reto. Foron propostos ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO baixo o hashtag #DEFC2020 # DEFR2020 .
O obxectivo da tarefa é demostrar a importancia da materia de Educación Física para o mantenemento do benestar físico, psíquico e social das persoas e, por iso, seguir reivindicando o lugar que lle corresponde e máis agora durante o confinamento.

#NaCasa_NV

Non o agardabamos, pero chegou… Sorprendeunos, mais espertounos, púxonos as pilas… Este virus modificou todas as nosas pautas de traballo. E decidimos que había que compartilas. Por iso, nesta entrada colgaremos traballo do alumnado durante o período de corentena de 2020, aquel no que iamos celebrar #NeiraNaukas2020. Todo o virtual pode converterse en real, todo o imaxinario muda en tanxible. Invitámosvos a velo e partillalo (clickando na imaxe)!

Nota: A rapazada que ten autoría dos documentos aparece etiquetada.