As gañadoras do concurso de epitafios “Morto de morte matada”, do IES Neira Vilas 2025-26, foron as alumnas de 3º ESO Ágata Montero Gracía: “Premio ao epitafío máis retranqueiro” e Iraya Pita Gándara: “Premio ao epitafio máis orixinal”
Arquivo da categoría: Curso Actual
VISITA DO ALUMNADO DE ORATORIA AO TSXG
O alumnado de Oratoria de 3º e 4º ESO do noso instituto asistiu, durante a mañá do 29 de outubro de 2025, a varios xuízos na sala número tres do penal do Tribunal Superior de Xustiza.
Grazas ao programa Educar en xustiza, a rapazada puido comprobar, en vivo e en directo, a importancia da oratoria e dos recursos retóricos así como a súa aplicación práctica.
Ademais, o bo facer da Súa Señoría, do fiscal, dos e das avogadas e do axente xudicial converteron a xornada nunha oportunidade de resolver dúbidas e de aprendizaxe non só académica senón tamén vital.
Con todo o aprendido, regresamos ao centro educativo xa planeando o noso propio xuízo en aula!
JESÚS FERNÁNDEZ LLANEZA, IN MEMORIAM
A comunidade educativa do Neira Vilas lamenta profundamente o pasamento do profesor de música e exdirector do centro Jesús Fernández Llaneza. A través destas verbas queremos expresar o noso agradecemento sinceiro por tantos anos de dedicación. O seu compañeirismo e a súa profesionalidade cara ao alumnado, cara ao equipo docente e non docente e cara ás familias deixan unha fonda pegada e definen o seu legado, que quedará sempre nos nosos corazóns e no noso instituto. Grazas Jesús!
CHARLA “VIVIR UN ERASMUS+ EN FRANCIA” NOS ERASMUS DAYS
ACOLLIDA DO ALUMNADO FRANCÉS DO INTERCAMBIO BACHIBAC
REMATE DA PRIMEIRA PARTE DO INTERCAMBIO ERASMUS+ E CELEBRACIÓN DOS ERASMUS DAYS
De maneira complementaria a esta exposición virtual e como parte da celebración dos Erasmus Days no noso centro, os tres protagonistas do intercambio compartirán a súa experiencia e difundirán os resultados da mesma ao alumnado de 4º ESO nunha charla que impartirán o xoves no Salón de actos do centro ás 12:30 h.



RENOVACIÓN DO PLAMBE
O noso centro vén de renovar un curso máis a súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe)… e xa van 16 anos formando parte dunha ampla rede de bibliotecas escolares de toda Galicia, coordinada pola Asesoría de Bibliotecas. Desta volta, a renovación do Plambe supón a concesión dunha dotación económica de 1.025 € para a adquisición de libros para a nosa biblioteca de 1.325 € para a dotación de mobiliario. Toda a información sobre esta convocatoria pódese consultar aquí: https://www.edu.xunta.PROGRAMA DE AUXILIARES DE CONVERSA
Neste mes de outubro incorporáronse ao noso centro dúas profesoras auxiliares de conversa no marco do programa homónimo desenvolvido todos os anos pola Consellería de Educación, Universidades, Ciencia e Formación profesional. Juliette Foucher e Reena May Cervantes Ibanez colaborarán, como en cursos anteriores, na docen
cia das materias de Francés e Inglés, respectivamente, así como das asignaturas non lingüísticas que se imparten neses idiomas no marco das seccións bilingües de Física e Química en inglés, a sección plurilingüe de Xeografía e Historia en francés e o programa de dobre titulació
n Bachibac. Bienvenues! Welcome!
CLUBS de LECTURA
Os Clubs de Lectura do IES Neira Vilas comezarán a funcionar o 13 de outubro. APÚNTATE NA BIBLIOTECA!
INICIO DA HORA DE LER

