Arquivos mensuais: Novembro 2022
XORNADA MICOLÓXICA
O pasado luns 7 de novembro un grupo de alumnado do IES Neira Vilas participou nunha actividade micolóxica desenvolvida no Bosque dos veciños de Oleiros. Dita actividade consistiu na recollida, organización, identificación e exposición das especies atopadas. Contouse coa axuda do experto da Asociación Micolóxica Andoa: Necho Couceiro.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022
Este curso renóvanse parcialmente os membros do Consello Escolar do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas: 2 nais e pais, 1 membro da ANPA, 3 profesoras/es, 2 alumnas/os e 1 persoal non docente.
O Consello Escolar é un órgano crucial nun centro educativo. A través del participan na súa xestión os distintos membros da comunidade escolar: alumnado, profesorado, familias, representantes da ANPA, persoal non docente e concello.
É fundamental que todos os sectores estean presentes a través dos seus representantes. O prazo para presentar as candidaturas remata o 9 de novembro.
Impreso para a candidatura como representante do alumnado.
Impreso para a candidatura como representante de nais e pais.
Samaín doutro tempo
Maricarmen cóntanos como era a festa do Samaín cando era nena. Santa Compaña, colares de castañas e moitas historias que non podes perder.
Grazas a Julia Conchado (1º ESO C) por esta recolla e a súa avoa por aprendernos tantas cousiñas interesantes!