Todolos artigos de: direccion
Rosa Brandón Rodríguez, in memoriam
ARRANXO DUNHA PARTE DA FACHADA
Ao longo deste curso a Unidade técnica do Departamento territorial de A Coruña da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional procedeu ao arranxo da fachada lateral de entrada do noso instituto, así como de parte da fachada posterior. Esta intervención foi paralela a outras accións de mellora das nosas instalacións que se levan acometendo desde o centro desde o verán de 2024, incluíndo a instalación de novos paneis dixitais para todas as aulas, asignados pola Consellería no marco do programa E-Dixgal, o acondicionamento e pintado das aulas do andar superior, que quedaran pendentes o curso anterior, así como outros pequenos arranxos para mellorar o espazo no que a comunidade educativa desenvolve o seu traballo cada día.
SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL PARA O ALUMNADO
DATA LÍMITE PARA A INSCRIPCIÓN 18 DE FEBREIRO DO 2025
Información sobre a acreditación da competencia dixital para o alumnado de ESO e Bacharelato: INFORMACIÓN
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2024
De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 18/09/2022], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:
5 persoas representantes do profesorado
4 persoas representantes de alumnado
1 persoa representante das familias, 1 máis no caso de que a ANPA non faga uso do seu dereito a contar cun representante
1 persoa do persoal de administración e servizos.
NOMEAMENTO DA XUNTA ELECTORAL
Seguindo as indicacións da normativa, o primeiro paso para a realización das eleccións é a elección dos membros da Xunta electoral de centro, que velará polo cumprimento da legalidade destes comicios. A Xunta electoral estará composta polos seguintes membros [Decreto 92/1988]:
Director do centro de ensino, como presidente da mesma
1 persoa do profesorado elixida por sorteo público
1 responsable (nai, pai ou titor/a legal) elixida/o por sorteo público
1 persoa do alumnado elixida por sorteo público
1 persoa do persoal de administración e servizos elixido por sorteo público
CALENDARIO E MÉTODO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
A elección dos membros da Xunta electoral (agás a súa presidencia) realizarase do seguinte xeito:
Sorteo o luns día 21 de outubro de 2024 no despacho de dirección do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas ás 12:30 horas.
No sorteo estarán presentes: o director e a secretaria do instituto (presidente e secretaria do proceso respectivamente), 1 persoa do profesorado elixida ao azar, 1 persoa do alumnado elixida ao azar, 1 representante das familias.
As persoas que constituirán a Xunta electoral elixidas no sorteo recibirán unha notificación oficial da elección a través do correo electrónico e/ou do espazo Abalar e serán citados para a primeira reunión nos días seguintes ao sorteo.
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
As persoas así nomeadas para a Xunta Electoral serán citadas para determinar o calendario e inicio do proceso electoral nunha reunión que terá lugar no centro o 25 de outubro de 2024.
REUNIÓN INFORMATIVA PARA FAMILIAS
Co obxectivo de mellorar a comunicación das familias cos distintos membros da comunidade educativa, a coordinación do Plan Dixital do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas decidiu organizar unha reunión informativa co gallo de explicar os servizos que ofrece a plataforma Sixa Familias. Asemade, falarase sobre o uso que o alumnado da ESO pode facer dos portátiles do programa E-Dixgal.
Esta reunión terá lugar o próximo xoves 9 de novembro ás 16:00 horas no salón de actos do instituto.
Reunión informativa sobre o programa Bachibac
O pasado xoves, 25 de maio, tivo lugar unha reunión informativa sobre Bachibac destinada ás familias do alumnado de 4º ESO que está interesado en incorporarse a este programa para o vindeiro curso 2023-2024.
A sesión foi organizada e impartida por Blanca Riestra e Mercedes López-Mayán, que agradecen o interese dos/as asistentes cara a este sinal de identidade do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas.
NORABOA Á NOVA PROMOCIÓN BACHIBAC 2021-2023
Un ano máis o Instituto Neira Vilas celebra con orgullo a graduación dunha nova e brillante promoción de Bachibac, que obtivo un éxito do 100% na proba externa conducente á obtención da dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat. Noraboa a todo o alumnado polo seu esforzo e talento, e moita sorte nas andainas que agora emprenden!
ASAMBLEA ANPA ARCE
O vindeiro luns 19 de decembro terá lugar unha asamblea xeral ordinaria da ANPA ARCE ás 18:30 horas no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022
Este curso renóvanse parcialmente os membros do Consello Escolar do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas: 2 nais e pais, 1 membro da ANPA, 3 profesoras/es, 2 alumnas/os e 1 persoal non docente.
O Consello Escolar é un órgano crucial nun centro educativo. A través del participan na súa xestión os distintos membros da comunidade escolar: alumnado, profesorado, familias, representantes da ANPA, persoal non docente e concello.
É fundamental que todos os sectores estean presentes a través dos seus representantes. O prazo para presentar as candidaturas remata o 9 de novembro.
Impreso para a candidatura como representante do alumnado.
Impreso para a candidatura como representante de nais e pais.