Todolos artigos de: direccion

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA

Comezamos a andaina deste curso desenvolvendo un PROGRAMA DE ACOLLIDA” (“Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa”) que desenvolveremos coa incorporación gradual dos distintos niveis e no que desenvolveremos actividades globalizadas agrupadas nas seguintes temáticas:

a) Novas normas de organizacion e funcionamento do centro.
b) Actuacions de prevencion, hixiene e proteción.
c) Acións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado necesaria para o seu desenvolvemento na modalidade de ensino presencial ou, de ser o caso, non presencial.

BENVIDA AO NOVO CURSO 2020-21!

DEVOLUCIÓN LIBROS TEXTO 2019/20 ANPA ARCE NEIRA VILAS

La devolución de los libros del fondo de préstamos ANPA Arce Neira Vilas se realizará en los mismos turnos que el registro y la devolución del Instituto, por las recomendaciones de distanciamiento social de COVID19, para evitar la congestión y facilitar la gestión del registro a las familias. . . . . . , y pueden hacerlo todo el mismo día.

Nuestra devolución se realizará después de la inscripción y el regreso al Instituto, que se realizará por días y cursos, en orden alfabético, y un estudiante cada 5 minutos, en el siguiente orden:

Día 01/07: 1º ESO, desde Ala … (9:00), hasta Vel … (13:30).
Día 02/07: 2º ESO, desde Ale … (9:00), hasta Som … (13:25).
Día 03/07: 2º ESO, desde Suá … (9:00), hasta Vie … (9:35).
3º ESO, desde Alo … (9:45), hasta Per … (13:25).
Día 06/07: 3º ESO, desde Pér … (9:00), a Zas … (10:45).
4º ESO, de Alv … (10:50), a Muñ … (13:25).
Día 07/07: 4º ESO, de Nay … (9:00), a Zas … (11:05).

Decálogo de intercambio de libros.

Semana das Letras 2020

Este ano, a Semana das Letras terá que ser #NaCasa. Mais, desde alí, o alumnado non deixa de traballar, en colaboración coa profesora Patricia Varela. En 2020 homenaxeamos a Ricardo Carvalho Calero.

D. Ricardo é un autor de extremada importancia nas nosas letras, que serviu de inspiración e de rosa dos ventos para tod@s aqueles que nos dedicamos neste momento a transmitir o amor pola lingua e a nosa literatura. Sen el, o panorama das letras galegas non sería tan interesante nin tan amplo como é.

A súa poesía, gran descoñecida moveu parte das nosas actividades, pasade e escoitade os seus poemas musicados ou os videopoemas realizados polas nosas alumnas.

Malia a que o COVID fixo que a Real Academia Galega trasladase ao mes de outubro a celebración na honra de D. Ricardo Carvalho Calero, o alumnado de 3º ESO do IES Neira Vilas quixo renderlle homenaxe con varias actividades lúdicoinformativas realizadas durante a corentena.

Contactar en estado de alarma

Diante da necesidade de continuar co ensino a distancia neste período, publicamos –DE CARA ÁS FAMILIAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA, unha guía cos métodos de seguimento de aulas online por parte do profesorado de cada curso e o contacto preferente co profesorado en caso de dúbida. Pódese consultar -facendo click- na ligazón PDF ou ben en  Calaméo.

SAÚDE A TODAS E TODOS!!!

 

Collages #NaCasa_NV

O alumnado de 1º ESO, coordinado pola profesora Victoria Fernández, realizou #NaCasa una serie de collages de grande mérito. Pódense ver nesta ligazón ou facendo click sobre a imaxe de entrada.

* E, de regalo, un cómic de Itziar Martínez.

Francés #NaCasa_NV

O alumnado de Francés de 3º e 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato, en colaboración coas familias, e coordinado polo profesor Carlos Vidal, ilústranos sobre o que esperan do primeiro día do post-confinamento e invítannos a resistir… Sempre na lingua de Molière!!!