Todolos artigos de: Secretaría

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS FINANCIABLES (MODELO HÍBRIDO DE E-DIXGAL)

– Publicación das listaxes provisionais: 14 de xullo.
– Prazo de presentación de reclamacións ás listaxes provisionais: 15 e 16 de xullo.
– Publicación das listaxes definitivas: 21 de xullo.
As listaxes, tanto provisionais como definitivas, serán publicadas no taboleiro do centro e poderán consultarse tamén na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), accedendo con certificado dixital ou Chave 365.
A partir do luns 21 de xullo as familias que resultaran beneficiarias dun cheque para a adquisición de material escolar poderán recollelo no centro. Lémbrase que os cheques só serán entregados á persoa solicitante ou, no seu defecto, á persoa maior de idade que o solicitante autorice por escrito.
Infórmase, asemade, ás familias que resulten beneficiarias da axuda para o financiamento dun ou dous libros de texto das materias establecidas polo centro (modelo híbrido de E-Dixgal) que eses libros serán adquiridos desde o centro e se lle prestarán ao alumnado beneficiario ao comezo do curso que vén. Polo tanto, as familias benficiarias non deberán mercar eses libros de texto (si o resto de libros de texto que haxa no curso correspondente).

MATRÍCULA NA ESO E BACHARELATO PARA O CURSO 2025-2026

De acordo coas instrucións da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades, para formalizar a matrícula en ESO e Bacharelato para o curso 2025-2026 poderase utilizar o sistema de matrícula en liña ou de matrícula presencial no centro.
– MATRÍCULA EN LIÑA: Poderá realizarse desde un dispositivo móbil ou desde unha computadora empregando o aplicativo Admisión Alumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/). Será necesario autenticarse con certificado dixital ou Chave 365. O alumnado que xa estivo escolarizado no curso 2024-2025 no sistema educativo galego recibirá unha ligazón de acceso ao aplicativo en Abalar Móbil.
Prazo de matrícula en liña: do 23 ao 7 de xullo. Cubriranse os datos no aplicativo Admisión Alumnado e achegarase a documentación restante en versión dixital. No seguinte enlace pódense consultar as instrucións para as familias sobre como facer a matrícula en liña: INSTRUCIÓNS PARA FAMILIAS. Ditas instrucións tamén están dispoñibles no aplicativo Admisión Alumnado.
– MATRÍCULA PRESENCIAL NO CENTRO: Realizarase do xeito habitual, a través da entrega do impreso de matrícula e documentación restante, na Secretaría do instituto en horario de 9:00 a 13:00 h. Por razóns organizativas, establécense as quendas de matrícula que se recollen no seguinte documento:
– DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA: Tanto no caso de matricularse en liña, como no caso de matricularse presencialmente no centro, é preciso achegar unha serie de documentación. No seguinte ficheiro detállase cal é a documentación necesaria en función da modalidade de matrícula escollida e do curso no que se quere matricular: DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA.
Asemade, recóllense, a continuación, varios modelos de documentos que é necesario achegar dixitalmente só no caso de realizar a matrícula en liña (no caso de realizar a matrícula presencialmente ditos documentos están incluídos no impreso de matrícula correspondente):
– IMPRESOS DE MATRÍCULA: Publícanse os impresos de matrícula dos distintos cursos para aquelas familias que decidan matricularse presencialmente no centro e tamén para a información e orientación das familias que decidan matricularse en liña. Unha copia en papel do impreso correspondente será entregada ao alumnado co boletín de notas o día 26 de xuño ás 10:00 h.:
Impreso de matrícula de 1º, 2º e 3º ESO
Impreso de matrícula de 4º ESO
Impreso de matrícula de 1º Bacharelato
Impreso de matrícula de 2º Bacharelato

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 2025/26

Do 16 de maio ao 20 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2025-2026. Ditas axudas concédense ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2025 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostido con fondos públicos para o curso escolar 2025/26 (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250515/AnuncioG0761-290425-0001_gl.html).
No caso do noso instituto, ao ser un centro E-Dixgal, unicamente se poden solicitar as axudas para material escolar.
A solicitude das axudas farase preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Código de procedemento ED330B) dispoñible na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente poderá facerse de xeito presencial no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

CONVOCATORIA DAS AXUDAS DO MINISTERIO PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

O 25 de abril publicouse no BOE a resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2025-2026. O prazo para solicitalas está aberto desde o 30 de abril ata o 11 de setembro de 2025. Toda a información sobre estas axudas e o procedemento para solicitalas pódese consultar no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html, tamén accesible desde o taboleiro de anuncios da web do noso centro.

PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DAS BOLSAS DO MINISTERIO PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS PARA O CURSO 2024-2025

O 26 de marzo de 2025 publicouse na web do Ministerio de Educación, Formación profesional e Deportes a resolución definitiva das bolsas para estudos postobrigatorios correspondentes ao curso 2024-2025: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2024.html. Contra esta resolución pode presentarse recurso de reposición (ata o 28 de abril), de acordo co procedemento indicado nesa mesma páxina web.

 

 

A vida a través do microscopio

O alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º de Bach realizou unha exposición coas fotografías que tomaron durante as prácticas de laboratorio desta materia. Nela, pódense descubrir detalles do mundo microscópico, dende tecidos animais e vexetais, ata un organismo completo.
Podedes achegarvos para descubrir os detalles de cada fotografía!

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE EDUCACIÓN DO MINISTERIO PARA O CURSO 2025/26

Dende o 24 de marzo ás 08:00 h. ata o 14 de maio ás 15:00 h. está aberto o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para estudos postobrigatorios para o curso 2025/26, tanto para Bacharelato e FP, como para estudos universitarios (Grao e Máster).
Toda a información pode consultarse no seguinte enderezo: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2025

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 03/02/2025).

A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 4 de febreiro ata o 3 de marzo de 2025.

A convocatoria completa pode consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45737