Todolos artigos de: vicedireccion

Charla informativa sobre “abalarMóbil” para as familias

 

O presente curso comezouse a empregar o espazo Abalar no instituto, e a App para familias “abalarMóbil” para a xestión da información académica e de conduta do alumnado.
Para facer un pouco máis próximo o coñecemento e emprego da mesma o vindeiro martes  29 de outubro ás 18:30 horas, levarase a cabo unha xornada informativa da App “abalarMóbil” para as familias, onde unha asesora da consellería explicará o seu funcionamento e resolverá as dúbidas que se lle presenten. De cara a axilizar a charla sería preciso que as persoas asistente teñan a App “abalarMóbil” instalada nos seus dispositivos móbiles.

CERTAME LITERARIO DE SAMAÍN

Este Samaín anímate a participar no Certame Literario e, ademais de gañar saborosos premios, poderás asustar literariamente a quen se atreva a mergullar entre urcos, lumias e paisaxes estarrecedoras. Serás quen de contar todo iso en vinte liñas?

 

Le, atentamente, as bases e déixanos a túa narración antes do 25 de outubro de 2024 no Departamento de Lingua Galega e Literatura ou no de Dinamización Lingüística.
Veña! Non lle deas máis voltas! Estamos desexando ler o teu relato!

INTERCAMBIO CON VANNES

Durante os días 10 e 19 de outubro 13 familias de alumnos e alumnas de 2º BACHIBAC acolleron nas súas casas aos correspondentes franceses de intercambio. A estadía dos visitantes non só se limitou a asistir ás aulas do IES Neira Vilas, senón que tamén houbo ocasión de que anfitrións e hóspedes compartisen agradables momentos de inmersión lingüística fóra do centro.

ESTREA DE CINE

O vindeiro venres día 6 de outubro ás 20:00 horas na Fábrica de Perillo terá lugar a estrea da curtametraxe “A lenda da monxa” dirixida e producida por un grupo de alumnado e profesorado dentro do contrato-programa INNOVA. A entrada será de balde e está invitada toda a comunidade educativa

Concurso “A banda sonora do Neira Vilas”

O concurso ten como obxectivo seleccionar a música dos recreos.

Para participar haberá que:
1º Crear un arquivo de audio mp3 duns 16 minutos de duración coas  cancións elixidas.
2º Enviar ese arquivo por correo electrónico a: vicedirerección@iesneiravilas.es

As propostas seleccionadas soarán ao longo dun mes. O alumnado creador de ditas propostas entrará nun sorteo dun pequeno agasallo que se realizará ao inicio do mes seguinte.
Vicedirección resérvase o dereito de excluír aquelas propostas que considere inapropiadas para este concurso.

UN DÍA EN GALICIA CON 2º ESO

O pase de diapositivas require JavaScript.

Os días 27, 29 e 30 de marzo o alumnado de 2º ESO disfrutou dunha saída promovida polo Departamento de Xeografía e Historia e organizada polo Concello de Oleiros en colaboración coa CEM. Desta volta tiveron a oportunidade de coñecer as Fragas do Eume a través dunha andaina pola súa natureza e o seu patrimonio, así como a vila de Pontedeume. Moitas grazas a todos/as pola vosa participación e interese!