Todolos artigos de: xefatura

REUNIÓNS DAS FAMILIAS CO PROFESORADO TITOR

A vindeira semana terán lugar as reunións entre as familias e as persoas titoras de cada grupo co fin de coñecerse e de informar sobre a organización deste curso académico.

O día e hora das reunións será o seguinte:
1º, 2º e 3º ESO: Martes, 1 de outubro, ás 18:30 h.
4º ESO, 1º e 2º Bacharelato: Mércores, 2 de outubro, ás 18:30 h.
Os/as asistentes serán recibidos/as polo equipo directivo no Salón de actos para, a continuación, reunirse co profesorado titor dos/as seus/súas fillos/as na aula de referencia do grupo.

NOVA CANLE DE COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS: ABALAR MÓBIL

Desde este curso 2024-2025 no noso centro empregarase AbalarMóbil, unha aplicación da Xunta de Galicia que permite ás familias consultar a información académica dos/as seus/súas fillos/as a través do teléfono móbil.
Os/as responsables do alumnado deberán descargar a aplicación AbalarMóbil e rexistrarse nela, seguindo as sinxelas instrucións que se inclúen no seguinte manual:
Unha vez rexistrados/as na aplicación, poderán acceder a todas as funcións que ofrece esta aplicación: consultar o horario e cualificacións dos/as seus/súas fillos/as, solicitar titorías, comunicarse coas persoas titoras, ver as faltas de asistencia e enviar as xustificacións pertinentes, consultar as incidencias e faltas de conduta que se teñan producido, etc. Todas estas funcións están explicadas no anterior manual e no seguinte enlace: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil

COMEZO DO CURSO 2024-2025

ALUMNADO:
– As clases comezarán o mércores 11 de setembro en horario de 8:30 a 14:10 h.
– O alumnado con dereito a servizo de transporte poderá empregalo desde ese mesmo día.
– Todas aquelas familias que non recolleron o vale de material escolar durante o mes de xullo poderano facer a partir do día 2 de setembro en horario de 9:00 a 14:00.
PROFESORADO:
Prégase ao profesorado que obteña destino neste centro tras a resolución definitiva do CADP que, á maior brevidade, se poña en contacto co instituto no seu enderezo electrónico (ies.neira.vilas@edu.xunta.es), indicando un teléfono de contacto. Moitas grazas.

QUENDAS MATRÍCULA DO CURSO 2024-25

PERÍODO DE MATRÍCULA: Do 27 de xuño ao 5 de xullo.
HORARIO: De 9:00 a 13:00
QUENDAS DE MATRÍCULA: Propóñense os seguintes días e quendas de matrícula, por niveis e apelidos, para evitar longas esperas:
Aquelas familias que teñan máis dun/ha fillo/a no centro poderán formalizar a matrícula o mesmo día para todos/as.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA [enlace ao documento aquí]
IMPRESOS DE MATRÍCULA: Unha copia dos impresos de matrícula entregarase coas notas ao alumnado o día 26 de xuño ás 18:00 h. Pero os impresos poden igualmente descargarse nos seguintes enlaces:

Actividades varias ao rematar o curso

b) Neiranaukas 2024: Un ano máis despedimos o curso académico coa celebración do Neiranaukas, onde o alumnado do centro e mesmo algunha persoa invitada os seus coñecementos, habilidades musicais e dotes de baile cos demais compañeiros.

O pase de diapositivas require JavaScript.

c) Acto de graduación de 4º ESO: Este curso celebramos por primeira vez o acto de graduación do alumnado de 4º ESO, que en moitos casos seguirá formándose no centro no Bacharelato, pero que noutros casos iniciará o vindeiro curso un novo percorrido fóra do Neira Vilas. A todos eles entregóuselle unha fotografía conmemorativa daquelas persoas que conformaron a súa promoción.

O pase de diapositivas require JavaScript.

O Club de remo de Perillo no instituto

O Club de Remo de Perillo promocionou o deporte de Remo no alumnado de 1º e 2 da ESO o vernes 12 de xuño. A actividade  teórico-práctica, foi impartida polos adestradores e persoal da directiva do Club. A práctica consistiu nunha demostración e posterior práctica do remo-ergómetro, facendo ó final unha mini competición entre o alumnado. A actividade resultou exitosa, facendo ó Club entrega dun agasallo ós tres primeiros clasificados masculinos e as tres primeiras clasificadas femininas.

PARABÉNS AO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO PREMIADO NO ACTO MEGABAU!

Temos a enorme ledicia de anunciar que o noso centro conta con cinco estudantes con mellores expedientes de Galicia nas ABAU 2024: Fabián Hernández Miranda, Ainhoa D. Infesta Galarza, Lois Pereiro Romero, Miguel Rodríguez Coronado e Lucas Vivero Vergara. Os seus excelentes resultados académicos serán recoñecidos, xunto co resto do alumnado premiado, no acto MEGABAU 2024. Acto de homenaxe aos mellores expedientes de Galicia ABAU 2024, que terá lugar no Coliseum da Coruña o venres 21 de xuño ás 11:30 h. e que está organizado polas tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia e pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Desde a comunidade educativa do Neira Vilas unímonos tamén a este recoñecemento, co gran orgullo de contar con alumnado tan brillante e traballador. Moitos parabéns!

ENCONTRO CON EVA VEIGA

Grazas á Asociación de Escritoras en Lingua Galega e ao Departamento de Galego, o 11 de xuño puidemos contar no instituto coa intervención de Eva Veiga, quen vén de recoller o Premio de Honra dos Mestres Mateo pola súa traxectoria como comunicadora. É, ademais, unha grande coñecedora da obra de Luísa Villalta coa que compartiu amizade e o oficio de escritora.
O alumnado de 3º ESO gozou dunha sesión poética marabillosa e viaxou, a través das palabras de Eva Veiga, polos sentires da autora a quen lle dedicaron as Letras Galegas 2024 e que foi profesora do noso centro.