Todolos artigos de: xefatura

PROBAS DE ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de publicar a Resolución do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas deacreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/2024.

No noso centro, as probas, que se corresponderán co nivel B1, B2 ou C1 e que se realizarán durante o curso académico 2023/2024, están dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e de 4º de ESO, tendo preferencia aquel que curse ensinanzas plurilingües. Cada alumno ou alumna poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira.

A citada resolución prevé a concesión dunha axuda económica por alumno/a para facer fronte aos custos de matrícula das probas de acreditación. A solicitude realízase desde o centro, pero é imprescindible que o alumnado interesado entregue un compromiso de presentación á proba correspondente, asinado polo seu pai, nai ou titor.

O documento co compromiso foi distribuído polo profesorado dos Departamentos de Inglés e Francés ao alumnado nas aulas e debe ser entregado a dito profesorado ou na secretaría do centro ata o venres, 27 de outubro.

REUNIÓNS DAS FAMILIAS CO PROFESORADO TITOR

A vindeira semana terán lugar as reunións entre as familias e as persoas titoras de cada grupo co fin de coñecerse e de informar sobre a organización deste curso académico.
O día e hora das reunións será a seguinte:
1º, 2º e 3º ESO: Martes, 26 de setembro, ás 18,30 h.
4º ESO, 1º e 2º Bacharelato: Mércores, 27 de setembro, ás 18,30 h.
Os/as asistentes serán recibidos/as polo equipo directivo no Salón de actos para, a continuación, reunirse co profesorado titor dos/as seus/súas fillos/as na aula de referencia do grupo.

QUENDAS DE MATRÍCULA CURSO 2023-24

PERIODO DE MATRÍCULA: DO DÍA 27 DE XUÑO AO 7 DE XULLO

HORARIO: DE 9:00 H A 13:00 H

O EQUIPO DIRECTIVO PROPÓN AS SEGUINTES QUENDAS PARA OS DISTINTOS NIVEIS, EN ARAS DE EVITAR LONGAS ESPERAS:

Quendas de matrícula 2023-2024

Aquelas familias que teñan máis dun/ha fillo/a no centro, poderán formalizar a matrícula o mesmo día para todos/as.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

Unha copia dos impresos de matrícula entregarase coas notas ao alumnado o día 26 de xuño.

IMPRESO MATRÍCULA  1º, 2º e 3º ESO

IMPRESO MATRÍCULA  4º ESO

IMPRESO MATRÍCULA 1º BACHARELATO

IMPRESO MATRÍCULA 2º BACHARELATO

RESULTADO DO NOSO ALUMNADO NAS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE

Notas obtidas polo alumnado do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas para o acceso á Universidade. Curso 2021-2022

Notas certificadas pola Université de Toulouse:

15 alumnos e alumnas. Nota media final da proba de acceso: 8,4791

Notas ABAU:

20 alumnos e alumnas (19 aptos/ 1 non apto). Nota media ABAU: 5,1975

Nota media dos 35 alumnos e alumnos que realizaron probas de acceso á Universidade:

8,4791 x 0,4286 + 5,1975 x 0,5714 = 6,6039