Arquivo da categoría: Curso Actual
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA: ENGLISH CLUB e LE CLUB FRANÇAIS CURSO 2025/26
ACTIVIDADES ANPA: ENGLISH CLUB e LE CLUB FRANÇAIS
A Anpa Arce do IESP Xosé Neira Vilas oferta para este curso2025/26 dúas actividades extraescolares de idiomas os xoves en horario de tarde de 16:15 a 17:45, que comenzarán a primeira semana de outubro.
Temos unha novidade para o alumnado de 1º e 2º da ESO, clases de francés en LE CLUB FRANÇAIS.
Xa podes solicitar a praza do próximo curso 2025/26!
INFORMACIÓN ENGLISH CLUB e LE CLUB FRANÇAIS
FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN CURSO 2025/26

XORNADAS DE ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE 1º ESO PARA O CURSO 2025-2026

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 2025/26
PARABÉNS Carla e Jana!
1º ESO xoga na celebración das Letras Galegas
Parabens para Alba e Marta
O pasado 20 de maio as nosas alumnas Alba Caridad Castro e Marta Fernández Villar recibían o primeiro premio e accesit para a categoría de alumnado de 1º e 2º de ESO no XI Certame literario Descubrindo Oleiros organizado polo SNL municipal.
Noraboa!!!!

Imaxe tomada do instagram do Concello de Oleiros
CALENDARIO DE EXAMES DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE 2º BACHARELATO
Visita de María Reimóndez
O libro de lectura, Furia encantounos e estabamos a desexar que a autora viñese ao centro para poder preguntarlle moitas curiosidades. Este martes puidemos coñecela e levamos unha gran sorpresa! O alumnado de terceiro argallara unha presentación con María Reimóndez e incluso unha mostra, en vivo e en directo, da novela!
O encontro coa autora foi moi divertido e aprendemos moitas cousas que levamos con nós ben aconchegadas como a empatía, poñernos na pel da outra persoa ou a importancia de encontrar o deporte que nos faga sentir máis felices como lle aconteceu a Cecilia co boxeo.
Ademais, asinounos os libros e puidemos levar un recordo moi especial.
Letras Galegas 2025 coa A.F. Aturuxo
O día 15 comezou a celebración das Letras Galegas no IES Neira Vilas. E non podía haber mellor maneira de empezar que saíndo ao torreiro coa Agrupación Folklórica Aturuxo!
Os grupos de terceiro da ESO asistiron, na Fábrica, a unha xornada ben especial con aquelas persoas que forman parte de Aturuxo. Desde a emoción de quen acompañou as Pandereteiras de Mens polo mundo e desde o espazo do querer pola nosa tradición oral de cantadoras e tocadoras, coñecemos un chisquiño máis a historia das mulleres que nos transmitiron un tesouro. Pero non só! Tamén puxemos en práctica o aprendido e subimos ao palco para sacar punto e ata houbo quen se animou a facer soar as ferreñas!
Grazas ben sentidas por esta oportunidade de gozar cos maneos e as muiñeiras, A.F. Aturuxo! Foi unha xornada chea de ledicia e emoción!



