Este mércores 19 de novembro o alumnado de 1º de Bachibac participou nunha mesa redonda desenvolvida polos tres compañeiros/as que estiveron de intercambio en Francia a comezos de curso no marco do Consorcio Galemundo Acreditación Erasmus Escolar, así como polos seus tres correspondants franceses, que se atopan actualmente en inmersión no noso centro. O obxectivo era achegar ao alumnado Bachibac a realidade e características do sistema educativo francés, en canto á súa organización, materias e contidos que se estudan, sistemas de avaliación, procedemento de acceso á universidade…, e comparalo co funcionamento do sistema educativo galego. A actividade resultou moi proveitosa e permitiu ao alumnado de Bachibac participar da experiencia do intercambio Erasmus+ dos compañeiros/as e coñecer un pouco mellor a realidade educativa francesa. Moitas grazas a todos pola vosa participación e, en especial, a Marceau e a Mélissa!
O proxecto “Galemundo Acreditación Erasmus Escolar” está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea. O contido desta publicación é responsabilidade exclusiva do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas e nin a Comisión Europea, nin o Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables do uso que poida facerse da información aquí difundida.
As gañadoras do concurso de epitafios “Morto de morte matada”, do IES Neira Vilas 2025-26, foron as alumnas de 3º ESO Ágata Montero Gracía: “Premio ao epitafío máis retranqueiro” e Iraya Pita Gándara: “Premio ao epitafio máis orixinal”
A comunidade educativa do Neira Vilas lamenta profundamente o pasamento do profesor de música e exdirector do centro Jesús Fernández Llaneza. A través destas verbas queremos expresar o noso agradecemento sinceiro por tantos anos de dedicación. O seu compañeirismo e a súa profesionalidade cara ao alumnado, cara ao equipo docente e non docente e cara ás familias deixan unha fonda pegada e definen o seu legado, que quedará sempre nos nosos corazóns e no noso instituto. Grazas Jesús!



O noso centro vén de renovar un curso máis a súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe)… e xa van 16 anos formando parte dunha ampla rede de bibliotecas escolares de toda Galicia, coordinada pola Asesoría de Bibliotecas. Desta volta, a renovación do Plambe supón a concesión dunha dotación económica de 1.025 € para a adquisición de libros para a nosa biblioteca de 1.325 € para a dotación de mobiliario. Toda a información sobre esta convocatoria pódese consultar aquí: