Arquivo da categoría: Departamento de Xeografía e Historia

Homenaxe aos deportados galegos no Parlamento de Galicia

Parlamento_19_02_18O pasado 19 de febreiro realizouse a homenaxe no Parlamento de Galicia aos deportados galegos en Mauhaussen coa lectura pública dos cento noventa e tres nomes  realizada polo alumnado de 4º curso do IES Plurilingüe Neira Vilas e as palabras do presidente do Parlamento en presencia dos familiares, os representantes de todos os grupos políticos e as altas autoridades de Galicia. Seguir lendo Homenaxe aos deportados galegos no Parlamento de Galicia

Experiencia de arqueoloxía e difusión no museo arqueolóxico

O día 18 de xaneiro o alumnado do 1º de ESO do Instituto Neira Vilas, acudiu ao museo arqueolóxico de A Coruña para realizar talleres de arqueoloxía. Alumnos monitores ensinaron aosseus compañeiros as pezas arqueolóxicas e deseñaron as guías didácticas para completar a información. Seguir lendo Experiencia de arqueoloxía e difusión no museo arqueolóxico

Actividade de final de trimestre

Performance PaisaxeA performance de final do primeiro trimestre adicouse á paisaxe como obxecto de traballo e estudo. Esta actividade forma parte do proxecto interdisciplinar que durante este curso coordina a Biblioteca.
Como ven sendo habitual a colaboración de profesorado e alumnado deu lugar a un espectáculo audiovisual, teatral, declamatorio e discursivo no que participaron máis de 20 profesores e 50 alumnos.
Seguir lendo Actividade de final de trimestre

Proxecto Terra: Visita á cidade de Porto

Foto dos participantesOs días 11 e 12 de maio, alumnado de 3º ESO participou nun novo intercambio do Proxecto Terra, neste caso á cidade de Porto.
Acompañados por Xosé Antón García, Carlos Vidal e Jorge Carlos Calle , visitaron o primeiro día a Fundación Serralves, construción destacada do arquitecto Álvaro Siza, e realizaron un percorrido polo casco vello de Porto.
O aloxamento foi na “Pousada de Juventude” de Espinho. O segundo día, despois dunha viaxe no metro da cidade, tivemos unha visita á Casa de Música, edificio singular do arquitecto Rem Koolhaas .
Agradecer ao Proxecto Terra a boa organización e atención prestada ao noso alumnado.