Arquivo da categoría: Mediación

XORNADAS DE ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE 1º ESO PARA O CURSO 2025-2026

Como xa vén sendo costume no noso instituto dende hai moitos anos, este venres, 30 de maio, levouse a cabo unha xornada de acollida do alumnado de 6º EP do noso centro adscrito, o CEIP Ramón-María del Valle-Inclán, co obxectivo de facilitar o tránsito de Primaria a Secundaria e de que o futuro alumnado de 1º ESO no curso que vén coñeza o centro. Esta xornada foi organizada polo Equipo de Medición do centro de maneira que o alumnado mediador guiou a visita do novo alumnado repartido en grupos  mostrando tódalas estancias e posibilidades do noso instituto.
Esta iniciativa completarase o luns, 2 de xuño, cunha reunión dirixida ás familias deste alumnado e que terá lugar ás 18:00 h. no Salón de actos do centro coa intención de dar a coñecer o funcionamento e características do instituto e resolver as eventuais dúbidas que puideran xurdir ante a nova etapa educativa que comezará a rapazada que empeza a Secundaria o curso que vén.

SAÍDA DO EQUIPO DE CONVIVENCIA E MEDIACIÓN

O día 15 de outubro de 2021 o alumnado do Equipo de Convivencia e Mediación realizou unha actividade de encontro e adestramento que serviu principalmente para relanzar ao equipo despois do parón da pandemia.

Participaron un total de 24 alumnos de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato. O grupo tivo a oportunidade de facer unha visita ao Mosteiro de Monfero (grazas  ao Concello de Monfero por facilitar a visita abrindoo especialmente para o equipo) e de realizar sendeirismo na Senda dos Cerqueiros (Fragas do Eume).

A comida e as actividades de adestramento en Técnicas de mediación fixéronse na Área Recreativa Muíño de Ferreñas, no concello de Vilarmaior. O entusiasmo dos mediadores e o bo tempo que acompañou fixeron que a xornada fora perfecta.

Grazas tamén a David, profesor de Educación Física, que colaborou con nos no desenvolvemento desta actividade.

Curso de mediación

Entre os meses de decembro de 2019 e xaneiro de 2020, na Casa da Cultura de Perillo, realizouse o curso de mediación para alumnado de 1º ESO. Comezaron o mesmo 21 alumn@s, e rematárono 11 -obtendo o diploma que lles faculta para exercer como mediadoras/es no noso IES.

As 6 sesións do mesmo foron impartidas por unha psicóloga de ADAFAD, asociación que colabora co noso equipo de mediación xa non por primeira vez.