Indícanse a continuación as datas e hora dos exames finais de materias pendentes de 1º de Bacharelato, aos que deben presentarse só aqueles/as alumnos/as de 2º de Bacharelato que non recuperaron as materias pendentes a través dos traballos e probas plantexados polo profesorado correspondente ao longo do curso.
Arquivo da categoría: Sen categorizar
IMPORTANTE: CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Queridas familias, adxuntámosvos a convocatoria para unha asemblea que terá lugar o vindeiro Xoves 6 de Febreiro no instituto.
Entendemos que esta reunión e trascendente de cara ó futuro da nosa organización.
Nestes intres NON dispoñemos de persoas que queiran asumir os cargos obrigatorios por ley necesarios para a constitución da nova xunta.
Chegados a este punto de non retorno so queda apelar a vosa responsabilidade coma familias que formades parte da comunidade educativa (sexades socios da ANPA ou non), para que nesta asemblea aparezan os candidatos necesarios e poder facer a transición o antes posible.
De non aparecer a xente suficiente para formar novo equipo, a única posibilidade sería tristemente a disolución e desaparición da ANPA do Noso Intituto.
Deixamos a convocatoria da asemblea e ó mesmo tempo a decision nas vosas mans. Dado a importancia desta asemblea esperamos contar coa vosa participación.
Un saúdo
SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLO CONCELLO DE OLEIROS
O Concello de Oleiros en data 17/10/2024 mediante Resolución nº 2024005442 ao abeiro da “Convocatoria de subvencións a asociacións de nais e pais, entidades culturais, veciñais e sociais do Concello de Oleiros para a realización de actividades no ano 2024″ resolve conceder unha subvención de 5339,67 euros ao ANPA Arce IESP Xosé Neira Vilas para as actividades de: English Club, Taller defensa persoal, Obradoiro Educación Emocional, Taller
técnicas de estudio e Limpieza de praias.
MERCEDES DOPICO CAÍNZOS, IN MEMORIAM
A comunidade educativa do Neira Vilas lamenta profundamente o pasamento da profesora de Inglés Mercedes Dopico Caínzos. A través destas verbas queremos expresar o noso agradecemento sinceiro por tantos anos de dedicación a este centro, no que deu clase desde a súa creación a tantas xeracións de veciños e veciñas de Perillo e a súa contorna. O seu compañeirismo e a súa profesionalidade cara ao alumnado, cara ao equipo docente e non docente e cara ás familias deixan unha fonda pegada e definen o seu legado, que quedará sempre nos nosos corazóns e no noso instituto. Thank you very much, Mercedes!
Aviso importante sobre a Asemblea Xeral Ordinaria
Estimadas familias, queremos comunicar que na próxima asemblea do día 7 de novembro o actual equipo directivo do ANPA non presentará a súa candidatura para continuar nos seus cargos, polo que para que o ANPA poda continuar coas súas funcións, levando a cabo actividades como: a doazón de libros, técnicas de estudo, actividades extraescolares etc… é necesario que outros pais e nais tomen a substitución na xunta directiva. Dado a importancia desta asemblea esperamos contar coa vosa participación. Anexamos a convocatoria onde se fai constar este punto de forma explícita.
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Convócanse a todas as familias socias e invítanse a todas as familias non socias a unha asemblea xeral ordinaria da Asociación de nais e pais do IESP Xosé Neira Vilas.
-
- Data: Xoves 7 de novembro de 2024
- Hora:
-
- 18:30 en 1ª convocatoria
- 19:00 h en 2ª convocatoria
-
- Lugar: IESP Xosé Neira Vilas
INICIO DA HORA DE LER
Desde este luns, 30 de setembro, comezou a desenvolverse no noso centro a “Hora de ler”, unha iniciativa de fomento da lectura, coordinada desde a Biblioteca, que leva funcionando xa moitos cursos con gran éxito.
Cada día, nunha hora diferente segundo a semana recollida no calendario da actividade, adicaranse 20 minutos á lectura libre e individual por parte do alumnado da ESO. Para iso, deben traer o libro que queiran da casa ou ben collelo en préstamo na biblioteca. Só se permite o uso de libros en papel ou en formato electrónico (eBook), pero non se poderán usar nin móbiles nin ordenadores E-Dixgal para esta actividade.
Boas lecturas!
ACTIVIDADE ANPA DE ENGLISH CLUB
Enviámosvos a información sobre a actividade de English Club que organizamos desde a ANPA Arce Neira Vilas e a ligazón donde podedes acceder ao formulario de inscrición.
FORMULARIO de inscrición aquí.
Reparto dos libros doados á ANPA
O reparto dos libros de texto doados á ANPA terá lugar o 11 de setembro, primeiro día de clase, en horario lectivo.
O alumnado recibirá, directamente na súa clase, o lote que lle fose asignado tras a súa solicitude.
Lembramos que as familias socias da ANPA teñen prioridade na distribución dos libros e no número deles asignados.
Desde a directiva do anpa queremos agradecer especialmente a colaboración das familias que doaron libros e fixéronse socias facendo posible que así o anpa poida continuar levando esta e outras iniciativas.