Arquivos da etiqueta: Blanca Rodríguez

#CienciaNaCasa_NV

O domingo 10 de maio de 2020 íase celebrar o Día da Ciencia na Rúa en A Coruña, e este centro ten hábito de participar.

Este ano, dadas as circunstancias, non se pode facer. Por iso o sustituimos polo día da #CienciaNaCasa_NV. Aquí colgaremos, polo tanto, algunhas das actividades realizadas polo alumnado nas súas propias casas.

Modelos atómicos #NaCasa_NV

O alumnado de Física e Química de 2º e 4º ESO acometeu o reto de facer infografías e videos sobre os modelos atómicos. Dirixid@s pola profesora Blanca Rodríguez, velaquí outra mostra do traballo do noso alumnado online. A docencia non para.

  • Podedes ollar estes traballos nesta ligazón.

Converxencias Arte e Ciencia

O alumnado de Técnicas de Laboratorio de 1º Bacharelato visitou, o martes  21 de decembro, as instalacións do Centro Sociocultural Agora de A Coruña, para enriquecer a súa aprendizaxe na exposición Converxencias Arte e Ciencia organizada por IGACIENCIA e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña. Durante o transcurso da xornada o alumnado participou en diversas actividades:

  • Unha charla,  que analiza en profundidade o método compositivo e a cor en obras de estilo cubista, especialmente nas do pintor de Juan Gris.
  • Unha exposición de obras de arte de impresión 3D, deseñadas por Manuel Regueiro.
  • Unha serie de paneis informativos sobre elementos científicos e matemáticos presentes no noso patrimonio artístico: fractais, cúpulas xeodésicas, mosaicos, ilusións ópticas….
  • Un conxunto de obradoiros manipulativos, para implementar a parte expositiva manipulando mosaicos, simetrías, bandas de Mohebius, espirais de Fibonacci…

Todos estes elementos están elaborados coa finalidade de difundir a ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e vínculos entre a arte e a ciencia.

Visita ao CICA

O alumnado de Ciencias de 1º Bacharelato visitou, o martes 19 de novembro, as instalacións do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas de A Coruña (@CICAUDC), no que foron informados dos diferentes graos, mestrados e liñas de investigación nel ofertados, para logo visitar os distintos laboratorios onde se están a realizar proxectos diversos.

Na área de Novos Materiais amosáronlles as nanomoléculas que se están a desenvolver para atrapar tóxicos -cru verquido accidentalmente, por ex.- ou co obxectivo de mellorar o aproveitamento enerxético en paneis solares…. Tamén foron amosadas investigacións con cultivos celulares, encamiñadas a solventar a artrose en humanos.

A visita foi o inicio da participación dos nosos escolares no proxecto Incrústate, co obxectivo de incrementar as vocacións científicas.

  • Consulta algunas estampas da visita aquí.