O alumnado de Técnicas de Laboratorio de 1º Bacharelato visitou, o martes 21 de decembro, as instalacións do Centro Sociocultural Agora de A Coruña, para enriquecer a súa aprendizaxe na exposición Converxencias Arte e Ciencia organizada por IGACIENCIA e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña. Durante o transcurso da xornada o alumnado participou en diversas actividades:
Unha charla, que analiza en profundidade o método compositivo e a cor en obras de estilo cubista, especialmente nas do pintor de Juan Gris.
Unha exposición de obras de arte de impresión 3D, deseñadas por Manuel Regueiro.
Unha serie de paneis informativos sobre elementos científicos e matemáticos presentes no noso patrimonio artístico: fractais, cúpulas xeodésicas, mosaicos, ilusións ópticas….
Un conxunto de obradoiros manipulativos, para implementar a parte expositiva manipulando mosaicos, simetrías, bandas de Mohebius, espirais de Fibonacci…
Todos estes elementos están elaborados coa finalidade de difundir a ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e vínculos entre a arte e a ciencia.
O alumnado de de 1º Bacharelato de Ciencias visitou, o venres 17 de xaneiro, con motivo do día da enxeñaría, o campus de Ferrol, pertencente á UDC. Durante o transcurso da xornada o alumnado puido realizar diversas actividades:
– Unha visita guiada á planta baixa do Exponav, adicada á Historia da Construcción Naval. Fixeron un percorrido polas diversas técnicas de construcción e os servicios mais esenciais dun buque.
– Una visita ás Escolas politécnica superior de Esteiro (EPS) e a escola universitaria politécnica (EUP) de Serantes onde os estudiantes visitaron os principais laboratorios, e se organizaron actividades co fin de mostrar o traballo que se leva a cabo nestes polos distintos grupos de investigación. Entre outros, puideron ver os laboratorios de enxeñaría eléctrica e electromécánica, observar un tanque de ensaios hidrodinámicos, simulación de máquinas e vehículos, aplicacións do láser, robótica autónoma ou a automatización da “Lights Out Factory”.
A xornada completouse cunha comida no campus e un paseo polo casco vello da cidade.
O alumnado de Ciencias de 1º Bacharelato visitou, o martes 19 de novembro, as instalacións do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas de A Coruña (@CICAUDC), no que foron informados dos diferentes graos, mestrados e liñas de investigación nel ofertados, para logo visitar os distintos laboratorios onde se están a realizar proxectos diversos.
Na área de Novos Materiais amosáronlles as nanomoléculas que se están a desenvolver para atrapar tóxicos -cru verquido accidentalmente, por ex.- ou co obxectivo de mellorar o aproveitamento enerxético en paneis solares…. Tamén foron amosadas investigacións con cultivos celulares, encamiñadas a solventar a artrose en humanos.
A visita foi o inicio da participación dos nosos escolares no proxecto Incrústate, co obxectivo de incrementar as vocacións científicas.
Nun día de outono orballento, o 12 de novembro, e seguindo a iniciativa de @ConcelloOleiros, o noso centro educativo sumouse ao reto de camiñar contra a obesidade, no que participaron profesorado e alumnado de 3º e 4º ESO.