Arquivos da etiqueta: Cristina Vázquez Pillado

Día do medio ambiente 2020

Con ocasión do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), damos publicidade a unha serie de videos que teñen por obxecto entrevistar a profesorado e adultos en torno ao tema do cambio climático.

A realización destas entrevistas, por parte de alumnado de 4º ESO, foi supervisada no primeiro trimestre deste curso académico pola profesora de Lingua Castelá María Dans.

Francés #NaCasa_NV

O alumnado de Francés de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato, en colaboración coas familias, e coordinado polo profesor Carlos Vidal, ilústranos sobre o que esperan do primeiro día do post-confinamento e invítannos a resistir… Sempre na lingua de Molière!!!