A Semana da Muller 2020 é momento de lembranza do papel das mulleres en diversos campos: na ciencia, na literatura, na economía, na vida… por parte de diversos departamentos e profesorado, ademáis da Biblioteca do centro escolar.
O alumnado de 2º ESO, ademáis, leu en grupo e criticamente a obra “La Cenicienta que no quería comer perdices” -obra que moderniza o conto de Cenicienta, en Valores Éticos. Isto servíu para traballar os estereotipos de xénero en torno ao machismo.
Unha parte do alumnado de 4º ESO acudíu o 3 de marzo á Axencia Tributaria de A Coruña. Alí foron quen de poñerse na pel de deputadas e deputados do Parlamento, co obxecto de aprobar uns orzamentos para o Estado.
A concienciación económica presidíu esta saída educativa, organizada polo Departamento de Economía.
Nun día de outono orballento, o 12 de novembro, e seguindo a iniciativa de @ConcelloOleiros, o noso centro educativo sumouse ao reto de camiñar contra a obesidade, no que participaron profesorado e alumnado de 3º e 4º ESO.