O pasado sábado 27 de abril os alumnos Orleni Mateo e Eduardo Xavier Giménez, xunto coa exalumna Amy Díaz, participaron nas XIII Xornadas do ICF, que tiveron lugar no Salón de Actos da Fundación Paideia Galiza (Praza de María Pita). Seguir lendo XORNADAS DO ICF: MEDIACIÓN ESCOLAR
Arquivos mensuais: Abril 2019
NEIRANAUKAS
O 24 de abril celebrouse no auditorio da Fábrica de Santa Cristina o primeiro Neiranaukas, cunha ampla participación de profesorado, de alumnado 2°, 3°, e 4° de ESO, de 1º de bacharelato e a excepcional colaboración externa de Deborah García Bello, Xurxo Mariño. Para finalizar contamos coa excelente actuación musical do grupo Theta Vawes, do que forman parte unha alumna de 1º de bacharelato e varios exalumnos do centro. Seguir lendo NEIRANAUKAS
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
A comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas desexa unhas felices vacacións a tódolos seus membros. O 23 de abril regreso ás aulas con enerxías renovadas
CHARLAS SOBRE O GRAO DE TERAPIA OCUPACIONAL
Alumnas do último ano do grao de Terapia Ocupacional estiveron no instituto para explicar estes estudos, entre elas unha exalumna do noso centro, Gema Tacón. Tedes toda a información neste enlace:
https://orientateenperillo.blogspot.com/2019/04/grao-en-terapia-ocupacional-sen-dubida.html?spref=tw
CHARLA DA CIUG SOBRE A ABAU
Pedro Armas, representante da CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia), estivo un ano máis no noso centro e explicoulles as probas ABAU ao noso alumnado de bacharelato. Tedes toda a información neste enlace:
https://orientateenperillo.blogspot.com/2019/04/presencia-da-ciug-no-noso-centro-pedro.html?spref=tw
INTERCAMBIO EN FRANCIA
Parte do noso alumnado segue nestes momentos en Bretaña, no XI intercambio co Collège Notre Dame le Ménimur de Vannes. Podedes ver máis fotos en Instagram, neste enlace.